jueves, 26 de noviembre de 2015

O CINE SOVIÉTICO


Á vella Rusia dos zares chegou o cinematógrafo Lumière xa en 1896 para rodar a coroación de Nicolás II e despois presentouse no Palacio de Peterhoff en San Petersburgo nunha festa presidida pola emperatriz.
En 1917 estalou a Revolución bolchevique e comezou a primeira experiencia socialista da historia. O cine non foi alleo a estas circunstancias. Lenin pensaba que  “ De todas as artes , o cine é para nós a máis importante”  lóxicamente e tendo en conta que en Rusia máis do 70% da poboación maior de 9 anos era analfabeta.  Polo decreto de nacionalización da industria cinematográfica , ésta pasou a depender do comisariado de Educación do Pobo en 1919 e nese ano creábase en Moscú a Escola Cinematográfica do Estado. O goberno bolchevique foi o primeiro do mundo en recoñecer a importancia do cine na era da cultura de masas.
A pesar da escaseza de medios materiais o cine botou a andar grazas a creadores como Kuleshov ou Dziga Vértov. Vértov foi un dos grandes do cine soviético, fundou o noticiario Kino-Pravda (Cine-verdad) onde aplicou as súas teorías  do Cine-ollo, no que pretendía a obxectividade absoluta , prescindindo de todo aquello que modificara a realidad: maquillaxe, decorados, actores, iluminación…
A influencia de Vértov na teoríaa e na práctica do cine documental foi enorme.
Pero o máis grande director do cine soviético foi Serguéi Mijailovich Eisenstein. Estudio una Escola de Enxeñería Civil de San Petersburgo e frecuentou a Escola de Belas Artes. Admirador de Da Vinci pero tamén de Freud e o psicoanálisis, durante a Revolución decantouse polo bando bolchevique. Comezou có teatro que rematou abandoando atraído polo realismo do cine  e pola influencia de Griffith e Dziga Vértov.
A obra de Eisenstein é un compromiso e unha píntese entre o realismo documental e o simbolismo e expresionismo máis barroco.
En 1924 dirixiu a súa primeira película , A folga, sobre una folga dunha factoría metalúrgica aplastada implacablemente polos soldados zaristas. En 1925 dirixiu a súa grande obra, O acoraizado Potemkim. Nela conta a sublevación da marinería do acoirazado Príncipe Potemkim na revolución de 1905. Rodou en escenarios naturais  esta impresionante obra, estructurada ao xeito das traxedias clásicas en cinco actos:
1-    O mal estado da carne, podre, que provoca o descontento da tripulación .
2-    As represalias do comandante que son o detonante da rebelión , que trunfa.
3-    Un mariñeiro morto na loita é levado ata o porto de Odessa onde nace a soliradiedade  dos cidadáns de Odessa.
4-    As forzas zaristas cargan sobre a población civil nas escaleiras do Palacio de Inverno, causando unha masacre.

5-    O barco faise á mar e atopa a escuadra zarista pero os mariñeiros doutros buques únense a eles e permiten que pasen, sen exercer oposición e saudando con ledicia.



A exemplar sobriedade e simplicidade desta gran odisea colectiva, encarnada no pobo, en claro contraste á fría actuación das tropas do zar, articulouse en 1.290 planos, combinados con xenialidade mediante unha montaxe rítmica e moi  precisa. Os movementos de cámara, en cambio, son moi  escasos : dous travellings na escena das  escaleiras e unha panorámica oblicua para enfocar á multitude no malecón.  Non se necesitaban máis movementos pois o movemento ven determinado pola acción e a montaxe. Eisenstein prolongou un tempo artificial , ata seis minutos , para potenciar a angustia e o dramatismo na antolóxica escena das escaleiras. Esta escena é unha das máis famosas e recoñecidas da historia do cine. Son 170 planos nos que retrata a un pobo inocente e indefenso fronte á brutalidade das tropas zaristas que cós fusís cargan contra os cidadáns. Os primerios e primeirísmos planos  humanizan a escena.
Eisenstein conseguiu darlle a este drama épico unha grandeza que fai que non se cinga a un episodio histórico en concreto senón que sexa un manifiesto contra a inxustiza e a barbarie. É unha obra mestra da historia do cine.
Despois do éxito acadado có Acoirazado Potemkim  realizou Octubre, 1927, sobre a revolución bolchevique. Pero a censura posterior eliminou case un tercio da metraxe na que aparecía Trotsky. A pesares disto, é unha obra barroca, con moita forza e cargada de simbolismos.

Todas estas películas son corais, onde as individualidades non teñen cabida.
Pudovkin foi outro dos grandes realizadores soviéticos, aínda que a súa idea de montaxe ten máis que ver con Griffith ou Hitchcock, é decir, traballa a montaxe previamente no guión e como unha descomposición da escena en compoñentes. Einsenstein  facíao  para expresar, unindo imaxes, sentimentos ou ideas diferentes aos das imaxes illadas.
A vitalidade expreiva do cine soviético introduciu unha auténtica revolución expresiva na teoría e na práctica cinematográfica mundial polo realismo e polas posibilidades creativas da montaxe.

A escena das escaleiras de Odessa foi recreada e homenaxeada en Os intocables de Elliot Ness , 1987 ,de Brian de Palma 


domingo, 22 de noviembre de 2015

O EXPRESIONISMO ALEMÁN


Pero en Alemaña non ían ser os realizadores de comedias os que levaran o cine a un dos seus momentos históricos máis interesantes senón os cieneastas Expresionistas de vangarda. Alemaña apenas saíra dunha gran derrota e vivía estrangulada polas duras condicións dos tratados de paz. En 1918 as fronteiras pecháronse ao cine extranxeiro o que permitiu estimular o nacional. A enorme inflación fixo que todas as películas alemás foran moi baratas para as produtoras estranxeiras. Ademáis  e a pesares da crise, contaron có apoio do goberno da República de Weimar.

Neste contexto  é no que se realizou un dos fitos máis importantes do cine universal O gabinete do Dr. Caligari, Alemaña, 1919 de Robert Wiene.  Wiene, có seu equipo e ao contrario da artificial luz de estudios americanos, decidiu inundar o escenario de luz natural e despois pintar as sombras. O efecto resultante é sorprendente , cunha luz natural estilizada.



O argumento é o seguinte: un estudiante, Francis, conoce a Cesare, un sonámbulo que actúa nunha feira e que pola noite asasina aos enemigos  do seu amo, o demoníaco Dr. Caligari, abducido por éste. Mata tamén a un amigo de Francis  e mentres trata de abducir a unha rapaza, Cesare morre e Francis ingresa nun sanatorio mental onde o directos é o Dr. Caligari. Ao final a película enteira é un pesadelo de Francis , tratando así sobre o tema da loucura. O film foi de moi baixo presuposto. Pero reflicte o estado mental desquiciado do protagonista.
O gabinete do Dr Caligari tivo un enorme éxito e contribuiu a que se levantara o veto ao cine alemán O traballo de Wiene influiu en Fritz Lang, Murnau e tamén fora de Alemaña en Hitchcock. Caligari foi xunto con Charlot , o primeiro mito universal creado polo cine.

O expresionismo alemán amosou a súa preferencia polos temas da fantasía e o terror , asasinos, vampiros, monstruos, tolos , visionarios, tiranos e espectros.

Foi en Alemaña onde tamén, Fritz Lang creou outro personaxe estilo Dr. Caligari, o Dr. Mabuse, que se estreou en 1921 e o protagonista tamén abduce a persoas para que cometan crimes e tamén remata perdendo a razón. Foi unha crítica á Alemaña carente de moral e xustiza dos anos 20. Os sentimentos primitivos subxacen baixo unha decadente apariencia.

Metrópolis, (Alemaña 1927) de Fritz Lang converteuse na película máis emblemática do cine mudo. Ambientada no ano 2000 trata do enfrentamento entre obreiros, escravos que habitan en paraxes subterráneos, e un autoritario industrial, pertencente á raza dos señores que goza dunha vida na superficie. A ira dos traballadores é acougada por una misteriosa rapaza chamada María. Lang xogou con tremendos escenarios desta costosa superproducción, con espazos arquitectónicos , volumes, claroscuros  ata conseguir que Metrópolis, a pesares da inxenuidade do argumento, se convertir no apoxeo do Expresionismo alemán.







Metrópolis influiu en todo o cine de Ciencia ficción como Blade Runner  e planos e escenas foron escollidos para o vídeo clip de Radio Gaga de Queen

O último autor alemán do que imos falar é Wilhem  Murnau quen tras estudar Historia da arte, música e literatura sorprendeu dirixindo una onírico film de vampiros, Nosferatu, el vampiro, 1922. Foi piloto na guerra  despois da guerra fundou unha produtora e comezou a dirixir cunha fina sensibilidade homosexual cargada de subxectividade lírica.

Nosferatu é unha adaptación do Drácula de Bram Stoker. En contraste cós interiores do resto do Expresionismo, rodou en exteriores cunha marcada influencia do Romanticismo alemán. Realismo e fantasía ben mesturados confírenlle un extraordinario verismo á historia.


En 1927 xa asentado en Hollywood, Murnau dirixiu unha das grandes obras do cine , Sunrise , 1927. En USA déronlle total liberdade para rodar. A historia versa sobre un triángulo amoroso, con personaxes maniqueos e final feliz, estilo Hollywood  pero a mistura de simbolismo, expresionismo e realismo está tratada con enorme maestría e ten algunha escena antológica.


O IMPRESIONISMO FRANCÉS


O cine francés estivo influido pola pintura Impresionista de Monet ou Pissarro e polas obras de Baudelaire.  Estes anos xa son os da estética cubista en pintura, do Dada e en literatura de Marcel Proust e do Ulises de Joyce (1922). O psicoanálisis penetra na arteDirectores como Abel Gance intentaron plasmar a complexidade da percepción do mundo real.
Foi o nacemento das vangardas na Historia do Cine.
A roda, 1923, de Abel Gance, trata sobre un complexo triángulo amoroso  e na que algunha escena é tratada de xeito impresionista, pasando os fotogramas cunha vertiginosa rapidez , en décimas de segundo.  Chegou a ser unha das películas máis influíntes do cine mudo.


Gance dirixiu unha película sobre Napoleón: Napoleón, de 1927 na que plasmou en escenas de batallas e as cargas das tropas o dinamismo do personaxe, utilizando encadres subxectivos . Tamén moi novedoso foi a utilización de 3 cámaras para proxectar  e poder ter unha visión panorámica do que ocurría. Apocalypse Now ten unha clara influencia de Gance.

O NATURALISMO ESCANDINAVO


En Suecia o nacemento da producción cinematográfica está relacionado coa creación da produtora Svenska.  O potencial poético do primitivo cine sueco está relacionado coa súa tradición literaria xa que case todas as obras importantes están inspiradas en novelas.  Pero os suecos, tamén influidos polo western primitivo, descubriu a importancia psicológica da paisaxe, un personaxe máis da acción. As películas utilizan luces naturais e espazos exteriores e trata de lendas ou dramas personais pero onde as forzas da naturaza exteriorizan ese drama.
Sjöstrom foi o gran Mestre do cine sueco. Coa  A Carreira Pantasma, 1921 o director interpreta o protagonista, un bébedo que no cre na lenda de que o carro coa Morte virá buscar a súa alma o cemiterio . Sjöstrom utiliza a sobreimpresión e así vemos como a alma sae do Corpo do xa difunto, e despois realiza unha serie de flashbacks de gran virtuosismo técnico. A culpa e a redención son as ideas fundamentais da súa obra.


Mauritz Stiller, discípulo de Sjöstrom foi o outro gran director sueco da época e o que descubriu a Greta Garbo.

Durante segunda década do século XX destacara no cine danés Carl Theodor Dreyer, do que xa falaramos no capítulo 1. Na década dos anos 20 emigrou a París, que xunto con Berlín se converteran nas Mecas das Vangardas. Alí decidiu dirixir un filme histórico, unha biografíaa sobre Xoana de Arco titulada A pasión de Xoana de Arco, de 1927-28. É un austero drama psicolóxico, estructurado con escrupuloso respecto aos estudos históricos . Unha excelente fotografía permitiu prescindir da maquillaxe da actriz Marie Falconetti que incluso cortou o cabelo . O realismo é moi acentuado , os decorados simples e o uso dos primeiros planos permite gañar intensidade emocional. O uso magistral dos primeiros planos fixeron dela unha película de conmovedora beleza plástica e convertiron a Dreyer nun dos místicos do cine.

O REXEITAMENTO AO REALISMO ROMÁNTICO DE HOLLYWOOD


REXEITAMENTO AO REALISMO ROMÁNTICO EN HOLLYWOOD
O sistema hollywoodiense comezou a ser rexeitado por Henry Miller e moitas estrelas e escritores sentíanse degradados polo trato recibido.
Ao tempo que a linguaxe lineal e clara do realismo romántio se consolidaba, comezaron a aparecer por todo o mundo directores críticos con esta visión edulcorada do mundo. Estos directores non son os máis famosos nin influintes pero buscaron alternativas aos convencionalismos imperantes .


Podemos agrupar estes directores en sete grupos:
-             * Naturalistas escandinavos, que cren que o cine debe reflectir problemas sociais
-           * Impresionistas franceses – que contemplan como a realidade é cambiante.
-           * Expresionistas alemás que deciden investigar  interir oculto da alma humana.
-        *Soviéticos.- para os que o cine americano resulta moi conservador políticamente e decidiron apostar por unha montaxe arriscada e transmitis ideas revolucionarias.
-          * Japoneses que rexeitan ao cine occidental, e prefiren o máis apegado a súa tradición

-           * E por último están aqueles americanos que fuxen do sistema ríxidos dos grandes estudios.

O HOLLYWOOD PERIFÉRICO AO STAR SYSTEM
No último grupo, americanos que deciden saír do sistema do Star System e das películas feitas en serie, atopamos casos moi interesantes polas súas aportacións.

Louis Weber foi unha das realizadoras máis importantes e mellor pagadas do mundo. Os seus temas ían máis aló do realismo romántico e criticou os prexuizos religiosos e arremeteu contra a pena de morte. O seu cine foi escasamente recoñecido.
Outro director moi interesante foi Robert Flaherty que dirixiu un documental chamado Nanook of the North en 1921 , o máis longo do seu xénero, onde plasma a vida dun cazador inuit e o seu fillo e os costumes esquimais. O protagonista non é un actor. A película é un canto da loita do home contra a naturaza. Foi un gran éxito e a morte por inanición de Nanook dous anos despois causou unha enorme conmoción no público.

En 1923-25 Erich Von Stroheim , un actor austríaco que interpretaba papeis de oficial prusiano desde que chegara do seu país en 1909, dirixiu Avaricia ( Greed). O seu desexo era acadar un naturalismo tal que a xente crera que estaba contemplando a vida mesma. Os seus Films mostraban gran interese polo miúdo e pola decadencia moral das clases adiñeiradas. Avaricia, basada nunha novela, custou 1,5 millóns de dólares e nove meses de rodaxe. Ao principio duraba 10 horas pero os estudios recortarona ata as catro: a muller dun dentista de San Francisco gaña a loteríaa e a medida que se fai máis avariciosa o seu home, sen un céntimo, se refugia na bebida. Nun momento dado decide asasinala en un infame clímax no Vale da Morte , mata tamén ao seu rival, amante da muller pero queda unido ao cadáver por unhas esposas. Avaricia foi comparada coa literatura rusa do século XIX coa que comparte o desexo de sacar a verdadeira naturaza do ser humano.

En 1950 Von Stroheim interpretou no “Crepúsculo dos deuses” de Billy Wilder ao antigo director dunha estrela en decadencia.

Tres anos despois de rodar Avaricia, a Metro Goldwyn Mayer produciu unha película que ofrecía un retrato da realidade americana The Crowd , 1928, de King Vidor que narra a historia dun oficinista de Nova Iorque ao que lle morre unha filla e non pode asumir a traxedia caendo nunha fonda depresión. É o desencanto do soño americano.
The Crowd

As películas de Vidor son únicas en moitos sentidos, non hai personaxes malos e mitos guións os escribían mulleres.
En The Crowd roda nas rúas de Nova Iorque e consigue que a cámara entre pola ventá dunha enorme sala de oficinas con mesas de escritorio como máis tarde fixo Billy Wilder en The Apartment.
A cidade, có seu dinamismo, vai ser o tema principal de moitos realizadores europeos.
En 1921 chega a EEUU invitado por Mary Pickford , un xoven director alemán : Ernst Lubitsh , famoso pola súa retranca e os movementos de cámara audaces. En Hollywood seguiu sendo subversivo; os seus filmes ambiéntanse en salóns de casas de clase media acomodada, selectos clubes e magnifíficos salóns de baile onde desplegaba triángulos amorosos. As películas de Lubitsh tratan dos praceres da vida  nun contraste moi forte coa mentalidade austera e vistoriana imperante en Hollywood. Un dos recursos cinematográficos moi utilizados por Lubitsh eran as omisións ou ocultamentos onde imaginamos o que acontece tras unha porta , debaixo dunha mesa etc. Destacan a antisoviética Ninochtka na que contou coa interpretación de Greta Garbo, (1939) e a antinazi Ser ou non ser (1942).
NINOTCHKA, 1939



TO BE OR NOT TO BE, 1942

domingo, 15 de noviembre de 2015

A ÉPOCA DOURADA DE HOLLYWOOD: O CINE CÓMICO

1

En 1918 o cine era aínda moi novo para  se comprometer con acontecementos históricos como a Primeira Guerra Mundial ou a Revolución Rusa. O conservadurismo imperante en Wall Street foi en detrimento do cine, impedindo que os cineastas máis ambiciosos trataran eses temas.
Tras a caída da Bolsa en 1929 o panorama cultural mudou radicalmente.
Pero nesta década previa ao crack o cine convertiuse na forma de ocio máis popular e nun medio para indagar os recunchos da alma humana.
Entre 1918 e 1928 os cineastas aplicaron as técnicas en diversos temas. Unha vez que se decataron das posibilidades do novo medio levaron a creatividade ata límites insospeitados.

OS ESTADOS UNIDOS : INICIOS DA ÉPOCA DOURADA DE HOLLYWOOD

En 1917 unha orde judicial disolveu a antiga Motion Picture Patents Company de Edison e os seus vellos rivais aproveitaron para crear os grandes imperios cinematográficos do cine: A Paramount Pictures, Warner Bros., o primeiro estudio que investiu na tecnoloxía que levou ao sonoro, en 1924 naceu a Metro Goldwing Mayer que presumía de ter máis estrelas que o ceo.  Seus foron os fitos de Greed 1924 (Avaricia) e O mundo marcha 1928( The crowd ) , O mago de Oz etc.
As películas feitas nesta época dourada van ser produtos industriais. Seguían unhas premisas e realizábanse de xeito estandarizado, con atención aos detalles e ao mantemento do Star System. As grandes estrelas firmaban contratos millonarios coas produtoras que lles esixían ás veces condicións moi estrictas no só profesionais senón respecto a súa vida privada.

O Realismo Romántico
O Clasicismo en arte consiste no equilibrio entre forma e contido, unha orde na que o emotivo e o intelectual están en harmonía. No cine de Hollywood dos anos 20 e 30 case nunca atopabamos este equilibrio polo que poden considerarse máis románticas que clásicas, debido a súa forte impronta emocional. Por iste motivo Mark Cousins chámalle a este estilo o realismo romántico.
O cine é realista polos temas escollidos e clásico en canto a claridade dos significados, xa que evita dobres sentidos e ambigüiedades. 
O cine americano da época chegou as pantallas de todo o mundo pola súa xenialidade , o depurado da súa técnica e pola utopía dos contidos.
Pero o sistema de produción controlado de Hollywood foi o suficentemente flexible para permitir a creación de obras de arte, á marxe das premisas da industria, de directores como John Ford, Vincent Minnelli, Buster Keaton…

As comedias de Hollywood 1918-1928
A liberdade e os coñecementos técnicos da industria de Hollywood para explorar a relación entre o cine e a comicidade non son comparables coas de ningún outro país do mundo.
O actor de vodevil inglés convertido en pallaso Charles Chaplin, que vivira unha infancia pobre, chegou aos Estados Unidos en 1910, con 21 anos de idade. Chaplin revolucionou o cine cómico tanto como Griffith o dramático, conferíndolle humanidade e sutileza narrativa . Valeuse do sistema de estudos cinematográficos para facer o que quería  cunha marxe de acción moito maior que calquera outro director e escribiu, produciu e interpretou as súas películas , ademáis de facer a música.
Creou un personaxe de vagabundo que cría ser un cabaleiro e pretendía comportarse como tal. Esta ambigüidade lle permitiu explorar con gracia e ritmo a melancolía da súa infancia. O vagabundo era moito máis sofisticado do que semellaba nun principio.
Chaplin comezou actuando na compañía do director, actor e produtor, Mack Sennet que o deu coñecer en 1912. Pero dous anos máis tarde Chaplin , convertido xa nunha estrela, decidiu crear xunto a Douglas Fairbanks, D.W.Griffith e Mary Pickford a United Artists, compañía basada nas producións de calidade e na liberdade de creación dos artistas.
Chaplin realizou a súa primeira longametraxe , The Kid, en 1921. É , a pesares da comicidade,é un traballo cargado de profundas emocións cunha interpretación conmovedora do neno Jackie Coogan, que interpreta a un orfo, como fora Chaplin, que dedícase a romper cristais para que o seu pai adoptivo, Charlot, poida arranxalos.

Outras películas como The Gold Rush (1925), Modern Times (1935) e The Great Dictator (1949) convertiron a Chaplin nun dos cineastas máis influintes dos primeiros cuarenta anos da historia do Cine.
The Gold Rush 1925 Chaplin comendo unha bota coma si fora un manxar
Modern Times, 1935, unha alegoría conta a deshumanización do mundo industrial

George Bernard Shaw dixo del que era o único xenio da gran pantalla.
A súa crítica social fixo que fora moi admirado na URSS e isto lle valeu , a súa volta do Reino Unido despois de estrear Candilexas en 1952, ser moi mal recibido nos Estados Unidos e ter que marchar a vivir os seus últimos anos en Suiza.
A súa pegada foi tal que moitos cómicos imitaron a súa creación de personaxes con “uniforme” estilo Charlot: Jacques Tati en Francia, Totò en Italia ou Giulietta Masina.


Totò , actor  cómico italiano que creo amén un personaxe con atuendo


 A sua influencia foi enorme tamén noutro cómico e cineasta americano: Harold Lloyd , que creou un personaxe atlético, estirado e soñador, agresivo e lírico á vez. As películas de Lloyd tiñeron aínda máis éxito que as de Chaplin.
A escena máis famosa de Lloyd, na que escala un edificio nunca escena hilarante e para a que tivo que vencer o vértigo que tiña.

O terceiro cómico desta época foi Buster Keaton. Cunha técnica máis revolucionaria e experimental interpretaba a un home serio, de rostro imperturbable que nunca esbozaba un sorriso.
En 1917 coñeceu ao cómico Fatty Arbuckle que o convenceu para que comezara no cine e así en 1920 dirixiu One Week e en 1921 O gran Espectáculo.

Arbukle foi acusado dun crime e violación do que despois foi absolto pero o escándalo foi tal que rematou coa súa carreira . Este escándalo unido a outros fixo que se aprobara da man do xeneral Hays un código, o código Hays , que prohibía escenas violentas o de contido sexual no cine americano e que estivo vixente ata os 50.
O maquinista da Xeneral, 1926 de Keaton foi o seu gran éxito, onde rodou unha escena na que unha ponte voaba polos aires tras explotar cando pasaba o tren.Keaton foi despedido pola MGM e refuxiouse na bebida. En 1965 adicóuselle unha homenaxe no Festival de Venecia e morreu ao ano seguinte.