domingo, 22 de noviembre de 2015

O NATURALISMO ESCANDINAVO


En Suecia o nacemento da producción cinematográfica está relacionado coa creación da produtora Svenska.  O potencial poético do primitivo cine sueco está relacionado coa súa tradición literaria xa que case todas as obras importantes están inspiradas en novelas.  Pero os suecos, tamén influidos polo western primitivo, descubriu a importancia psicológica da paisaxe, un personaxe máis da acción. As películas utilizan luces naturais e espazos exteriores e trata de lendas ou dramas personais pero onde as forzas da naturaza exteriorizan ese drama.
Sjöstrom foi o gran Mestre do cine sueco. Coa  A Carreira Pantasma, 1921 o director interpreta o protagonista, un bébedo que no cre na lenda de que o carro coa Morte virá buscar a súa alma o cemiterio . Sjöstrom utiliza a sobreimpresión e así vemos como a alma sae do Corpo do xa difunto, e despois realiza unha serie de flashbacks de gran virtuosismo técnico. A culpa e a redención son as ideas fundamentais da súa obra.


Mauritz Stiller, discípulo de Sjöstrom foi o outro gran director sueco da época e o que descubriu a Greta Garbo.

Durante segunda década do século XX destacara no cine danés Carl Theodor Dreyer, do que xa falaramos no capítulo 1. Na década dos anos 20 emigrou a París, que xunto con Berlín se converteran nas Mecas das Vangardas. Alí decidiu dirixir un filme histórico, unha biografíaa sobre Xoana de Arco titulada A pasión de Xoana de Arco, de 1927-28. É un austero drama psicolóxico, estructurado con escrupuloso respecto aos estudos históricos . Unha excelente fotografía permitiu prescindir da maquillaxe da actriz Marie Falconetti que incluso cortou o cabelo . O realismo é moi acentuado , os decorados simples e o uso dos primeiros planos permite gañar intensidade emocional. O uso magistral dos primeiros planos fixeron dela unha película de conmovedora beleza plástica e convertiron a Dreyer nun dos místicos do cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario