miércoles, 1 de junio de 2016

CINE BRITÁNICO DOS 50: DAVID LEAN


David Lean chegou a ser director despois de pasar por todos os escalóns da carreira cinematográfica. Concedía máis importancia á montaxe que á propia dirección ou ao guión , feito que tal vez explique a brillantez dos seus filmes.
Nos 40 xa dirixira Sangue, suor e lágrimas (In Which We Serve, 1942) e Oliver Twist, 1948 que se convertiron en célebres retratos da sociedade británica.

Dr.Zhivago
A filla de Ryan

A ponte sobre o río Kwai


Oliver Twist

En 1955 dirixe Summer Madness (Loucuras de verán), xa nos Estados Unidos. Costa a historia dunha estadounidense de mediana idade que vive soa en Venecia.
A vocación internacional de lean consolidouse coas 5 seguintes películas, cada unha delas máis ambiciosa:
Lawrence de Arabia
The Bridge on The River Kwai, 1957, Lawrence de Arabia, 1965, Doutor Zhivago,(USA, 1965= Ryan´s Daughter (A filla de Ryan, Reino Unido, 1979) ou Passage To India ( Reino Unido, 1984).


David Lean fixo estas grandes producións có inconfundible selo de calidade británico e influiu moito en Steven Spielberg ou Francis Ford Coppola. Como Kurosawa era un meticuloso artesán do cine e adaptou obras de clásicos e tamén un grande maestro da montaxe.

O MELODRAMA


Tres realizadores foron os que souberon engadir un tono de duda psicolóxica e social aos melodramas con argumentos a simple vista convencionais: o xa mencionado Nicholas Ray , Vincente Minnelli e  Douglas Sirk .
Vincente Minnelli formouse có cine europeo. En The Cobweb ( A rañatea) 1955 , plasma todas as súas preocupacións intelectuais a través da disputa entre persoal dun hospital psiquiátrico e os seus pacientes. Ao igual que no Gabinete do doutor Caligari, a fotografía e as imaxes xogan un papel fundamental para reflectir o estado mental desquiciado dos personaxes.



Douglas Sirk abordou os medos da sociedade estadounidense dun xeito moi interesante. Naceu en Dinamarca en 1900 e formouse en Alemaña onde comezou como director teatral. A partires de 1943 comezou a súa carreira como realizador en Hollywood. A máis influinte de todas as súas películas foi All That Heaven Allows (Só o ceo o sabe) 1956, na que a protagonista (Jane Wyman) é unha viuva a que os amigos marxinan cando comeza una relación cun xardiñeiro (Rock Hudson). Contrasta as imaxes da natureza , asociadas a o xardiñeiro  e a os seus principios morais sólidos, e as imaxes das relacións sociais da viuva, estéris e que reflicten os prexuízos, o conformismo e a decadencia da clase media americana. A película foi un exemplo do cine comercial subversivo.



lunes, 30 de mayo de 2016

OS DIRECTORES TELEVISIVOS


Twelve Angry Men
Nos 50 as pequeñas produtoras buscan atraer ao público con temas polémicos. Moitos dos directores aos que se lles encargaban estas películas procedían do ámbito da televisión. Paradigma deste tipo de cine de baixo prosuposto é o film Marty, dirixido por Delber Mann en 1955 que chegou a acadar a Palma de Ouro de Cannes. É una crónica prosaica de amor entre un tosco carnceiro  (Ernest Borgnine) e una tímida institutriz. Os personaxes son xustamente o contrario dos heroes clásicos de Hollywood, os escenarios son populares como o Bronx neoyorquino e cheos de xentes vulgares.

Esta xeración de directores deron tamén lugar a un intenso melodrama : Doce homes sen piedade (Twelve Angry Men)1957, dirixida por Sydney Lumet, desenvolvida na sala de deliberacións dun xuízo onde o xurado popular ten que tomar una difícil decisión. O filme transcurre a tempo real en el explóranse as relación e as reaccións dos personaxes.


domingo, 29 de mayo de 2016

STANLEY KUBRICK

Stanley Kubrick compartía a mesma vision crítica da vida que outros cineastas da súa xeración, como Elia Kazan ou Otto Preminguer só que o seu dominio do linguaxe cinematográfico sitúano a altura de Orsen Welles , Von Stroheim e outro xenios.
En 1956 dirixe Atraco Perfecto (The Killing) con estilo incisivo e ritmo trepidante narra a preparación e  execución dun atraco a un hipódromo alternando diferentes puntos de vista.
En Paths of Glory (Sendeiros de Gloria), 1957, fai unha dura crítica á arbitrariedade dos mandos militares durante a Primeira Guerra Mundial. Tal foi a dureza que a película que relata un acto de brutalidade, foi prohibida en Francia e por suposto en España durante moitos anos.
Kubrick creou un universo propio nos seus filmes, habitado por personaxes desprovistos de espiritualidade, un mundo deshumanizado. Estéticamente coida de xeito obsesivo ata os máis mínimos  dos detalles.

Utiliza de xeito recurrente a perspectiva monofocal de Renacemento , as paisaxes e escenarios soen mostrarse solitarios, con poucos personaxes, se exceptuamos a gran produción Espartaco, onde estivo moi condicionado polos desexos da produtora. A música xoga tamén un papel fundamental. Utiliza novedosos e ingeniosos movimientos de cámara : travellings, puntos de vista baixos ou unha enorme claridade en cada fotograma, todo elo para profundizar nos aspectos psicológicos e as sensación que transmite ao espectador como as claustrofóbicos atmósferas de O resplandor ou A laranxa mecánica.


En 1960 dirixe Espartaco onde demostra que o xénero histórico non está reñido necesariamente coa calidade artística e que pode ser vehículo de ideas sociais.








En 1962 dirixe Lolita, basada na novela homónima de Vladimir Nabokov , donde tuvo que lidiar coa censura ao plasmar de xeito magistral a obsesión que sin o protagonista (James Mason) por una joven de 12 anos.A genial interpretación de Peter Sellers fijo que na seguirte película Kubrick contara con el para o papel protagonista.
Lolita



En 1963 realiza Teléfono vermello:¿volamos cara Moscú ¿(Dr.Strangelove or : How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb) na que advertiu ao mundo sobre o peligro de xogar coa bomba atómica.





En 1968 dirixe 2001:Unha Odisea do espazo, 2001: A Space An Odyssey, que comeza có proceso de humanización no Cuaternario e acaba coa futura evolución biolóxica do home. Este filme, convertido nunha sinfonía visual é a maioría de idade do xénero de ciencia-ficción.






O interese pola indagación do home do futuro lévalle a adaptar a novela de Anthony Burgess , A laranxa mecánica , A Clockwork Orange, en 1971, unha cínica pero realista exploración das motivacións da conduta humana, enfrontada a todas as filosofías utópicas e exposta cunha brillante linguaxe cinematográfica.





DIRECTORES ESTADOUNIDENSES VETERÁNS DO 53 AO 59


En Estados Unidos John Ford, Orson Welles, Alfred Titchcock e Howard Hawks, os grandes mestres, fonte de inspiración para cineastas franceses e británicos, fixeron varias películas maduras nun intervalo moi breve de tempo.
Nestes anos nos que os temas eran cada vez máis subversivos (drogas, sexo, racismo…) Centauros do deserto (The Searchers, John Ford, 1956), Sed de Mal , (Orson Welles, 1958) , Vértigo (Hitchcock, 1958) e Río Bravo (Hawks, 1959) , plantexaban a difícil relación coas mulleres de homes solitarios de mediana idade.
O protagonista de The Searchers (Ethan Edwards/ John Wayne) está desvinculado da sociedade. Ethan chega despois da guerra civil americana, donde loitou polo sur, a casa do ser irán. O rancho do irán é atacado polos indios e todos resultan mortos excepto a nena pequeña que é raptada polos indios para criada como una deles. O protagonista e mais o sobriño adoptivo comezan una incansable búsqueda da nena. A búsqueda da súa sobriña, secuestrada polos indios, nárrase desde a rabia e o racismo que rezuma o protagonista. É un western que non innovou pero dotado dunha grande profundidade psicolóxica e beleza plástica cargada de metáforas. Centauros do deserto remata con Ethan , a contraluz, contemplando un paisaxe deserto que é unha metáfora da súa vida interior.



O personaxe solitario de Sed de Mal, Hank Quinlan (Orson Welles) é un avogado que vive na fronteira entre México e Estados Unidos e toma a lei pola súa man máis aló de diferencias culturais. Fai interminables planos secuencia sen precedentes, encadres profundos, zooms, ángulos moi abertos que distorsionan imaxes , todo elo para retratar una sociedade sen lei onde a xente que habita non ten esperanzas. Eiquí o protagonista remata morto nunha canle ante a mirada dunha prostituta, ex amante


O protagonista de Vértigo, Scottie (Jamen Steward) acaba, igual que Ethan e Quinlan, transgredindo as normas. Sofre dunha acrofobia que le impide traballar a raíz dun traumático suceso e por aparecte casualidade , un amigo encárgalle investigar a súa muller. Enamórase dela pero aparentemente morre. Máis tarde James Steward cre ver a unha muller moi semellante e tenta convertila na primeira. Hitchcock denota a influencia das teorías freudianas. As imaxes oníricas transmiten o estado interior do protagonista, da súa obsesión enfermiza. 


Unha das escenas relaciona cor e desexo e no clímax da película Hitchcock realiza un travlellins ao mesmo tempo que alonza a imaxe para mantela a unha distancia constante, acentuando así a sensación e vértigo do protagonista. Dende entón este recurso foi habitual para reflectir o estado de desorientación (Jaws/ Tiburón de Steven Spielberg, 1975).



John Wayne interpretou o papel de John Chance en Río Bravo pero este personaxe ten pouco que ver cós outros dos que xa falamos. Chance é un apoucado sheriff que ten que facer fronte a uns bandidos e só pode reclutar a un borrachín, un ancián medrento e un xoven pistoleiro inexperto. Este grupo ten unha relación cordial e sinceira coa camareira do saloon , Angie Dickinson. Hawks mantívose fiel aos principios do Realismo Romántico ou clasicismo hollywoodiense dos 40 e o resultado é que esta película resulta igual de impecable que outras súas como Ter ou non Ter e A fiera da miña nena.