lunes, 25 de enero de 2016

A COMEDIA

A comedia decidiu olvidarse de frívolos enredos do mundo elegante. Coa irrupción do son a comedia viviu unha auténtica revolución.
Chaplin continuou dirixindo películas de gran calidade como Luces da cidade , un melodrama, (1931) ou Tempos modernos (1936) pero Keaton e Lloyd entraron en declive. De Tempos Modernos falamos previamente. Chaplin fai unha dura crítica do traballo en cadena, da deshumanización das máquinas, do desemprego, en conclusión, da brutal explotación do home polo home. É unha película muda pero con banda sonora na que só falan as máquinas. No Gran Dictador ( The Great Dictator, 1940) , Chaplin fixo unha sátira feroz contra as dictaduras de Hitler e Mussolini  nunha aínda América neutral, desafiando as presións alemás. Chaplin foi unha figura case insólita no Hollywood dos anos 30, criticado e admirado ao mesmo tempo.
As mulleres convertéronse en elementos fundamentais das comedias dos anos 30 e destacaron actrices como Mae West, Katherine Hepburn ou Carole Lombard.

A guerra dos sexos foi unha fonte de inspiración. Tamén a disparatada comicidade case surrealista dos Irmáns Marx, Chico, Harpo e Groucho, que chegan ao cine procedentes do music hall .



Unha noite na ópera

Ninochtka


Destacan tamén as comedias de Laurel e Hardy, coñecidos como o gordo e o fraco. Pero será a comedia lixeira , creada por Lubitsch e remodelada por Franz Capra , a máis popular. Títulos como Vive como queiras (You can´t take it With you) 1938, Franz Capra), A fera da miña nena ( Bringing Up Baby, 1938) de Howard Hawks ou Ninotchka, 1939 de Lubitsch , sátira antisoviética  dan brillo a este xénero.

Dedicaremos un apartado a falar do cine durante a Segunda Guerra mundial e nel, das películas bélicas e os melodramas.

CINE DE CONTIDO SOCIAL


Paralelamente a etapa de New Deal e Roosevelt, xurde a necesidade de facer un exame crítico da sociedade tamén no cine : asuntos como o paro, a creación de grandes monopolios, a corrupción política, a xustiza, o estado das instituciónns penitenciarias ou os problemas agrarios van ser tratados en innumerables filmes.
Por ejemplo: alegatos contra a guerra como Sin novevade na fronte de lewis Milestone, Soy un fugitivo de Melvyn LeRoy, 1932; tamén Chaplin en Tempos Modernos , (Modern Times 1936), compón un cadro satírico e dramático sobre a taylorización e o emprego.
Fritz Lang fai dúas espléndidas películas Furia,(Fury 1936),un alegato contra as inxustizas e os prexuizos postos de manifesto nos linchamentos, e Só se vive unha vez ( You Only live once,1936) . 
A situación dos campesinos foi recollida por John Ford en  As uvas da ira (Grapes of Warth, 1940)  basada nunca novela de John Steinbeck.

domingo, 24 de enero de 2016

EL SURREALISMO


El París de los felices años 20 fue un jardín abonado para los iconoclastas del arte tradicional: Picasso, Max Ernst, Paul Eluard, Picabia, Cocteau, Duchamp vieron en el cine el retablo de las maravillas.
Futurismo, Dadaísmo y Surrealismo dinamitaron el arte burgués. El pintor sueco Victor Eggeling hizo nacer el cine abstracto. Ferdinand Leger, pintor cubista, realizó una película, Bullet mécanique en 1924.
Pero el Surrealismo fue la vanguardia que más aportó al cine. Retomaron la pureza del automatismo psíquico y las motivaciones irracionales del subconsciente.
Fue Luis Buñuel que, creía que el cine era el arte que mejor recreaba el funcionamiento de la mente, el que en 1928 enriqueció con su estimulante personalidad el cine surrealista,
En la Residencia de Estudiantes de Madrid coincidió con Lorca, Dalí, Ramón Gómez de la Serna o Rafael Alberti entre otros . Entre 1920 e 23 organizó las primeras sesiones de cine-club del mundo. En 1925 se trasladó a París y en 1929 escribió junto a Salvador Dalí “Un perro andaluz” dirigida por él. Rodada en 15 días, tuvo un efecto bomba . Imágenes oníricas se suceden en torrente. Es la poesía del absurdo.
En 1930 dirigió La edad de oro, un ataque demoledor al orden establecido. El film, tras recibir varios ataques, fue prohibido en diciembre de 1930.

Pero el escándalo llamó la atención de la MGM que le ofreció un contrato. Buñuel se instaló  en Hollywood pero  su actitud iconoclasta le compró un billete de vuelta el Europa. Ya de vuelta en España le tocó la lotería y gracias a ella rodó o impresionante documental “Tierra sin pan”,1933, sobre la miseria de Las Hurdes . El gobierno español prohibió su exhibición.
Un Chien Andalou, película completa















Las Hurdes

lunes, 18 de enero de 2016

EL WESTERN CLÁSICO


D.W. Griffith foi o primeiro poeta na nova arte cinematográfica pero Thomas H. Ince foi o seu primeiro dramaturgo.
Thomas H. Ince (1882-1924) realizou centos de películas , westerns na súa maioría e foi que prestixiou e difundiu este xénero.

En 1911 comezou a dirixir unha produtora especializada en Westerns . Contratou un circo de verdade, con cowboys. Across the plains (1911) é un film sobre a febre do ouro cando apenas existía tradición de westerns.
A epopeia do Oeste constitúe a historia dun país sen historia. A Historia do Oeste comeza coa exapansión dos colonos de Ohio e có transporte de gando, a febre do ouro, a construcción do ferrocarril, a guerra contra os pobos indios , as loitas entre gandeiros e agricultores e tantas outras. Nada contan da aniquilación dos bisontes ou das matanzas de cheyennes. O western conta a historia dos vencedores e ensalza os seus heroes como Buffalo Bill, David Crockett, Jesse James, Billy the kid, Calamity Jane, Wild Bill Hickok, Pat Garret etc.
Foi a gran odisea branca do século XIX.
Thomas Ince lanzou en 1913 a Río Jim, actor impoñente de ollos craros e penetrantes de gran poder magnético. Coas aventuras de Río Jim introduciu a naturaza como decorado insustituíble e o home , o vaqueiro, fundándose nela.
Río Jim
O Western naceu como acción porque Ince comprendeu que o cine era acción e movemento. O esplendor do novo xénero exprésase sobre todo en planos xerais: long shots que permiten aprezar a naturaza agreste.
Polo demáis, o Western moverase en adiante no circulo pechado: o bó, o vilán, o sheriff, a rapaza, a prostituta de bo corazón, o xuíz, homes dunha peza, o rancho , o saloon, a estampida, o duelo…
Nos anos 20 rodáronse moitos westerns épicos como A caravana de Oregón , 1923, de James Cruze e The Iron Horse, O cabalo de ferro (John Ford, 1924).

Entre 1928 e 1945 rodáronse numerosos westerns aínda que o apoxeo do xénero foi a finais dos 40. A diferencia do cine sobre gángsters, o western presenta unha sociedade emergente que loita por dotarse dunha lei. Ambientadas na época entre 1860 e 1900 , xusto cando comeza a historia do cine, as primeiras películas do xénero contaban as veces con verdadeiros vaqueiros no papel de extras como foi o caso de Buffalo Bill. Facemos mención especial a westerns de Howard Hawks e John Ford no apartado sobre estos directores.

O CINE ENTRE 1928-1945: O CINE DE GÁNGSTERS


O cine de gángsters
As películas de gángsters fascinaban case tanto ao público como as de terror pero éste é un xénero genuinamente americano consolidado cara 1930 cós seus propios temas, tramas, estrelas e imaxes. Ten orixe na Lei Seca que estivo vixente entre 1920 e 1933 e que supuxo a creación dunha mafia de contrabando de alcohol en cidades como Chicago ou Nova Iorque, a mans de gángsters de orixe italiano ou irlandés.

A primeira película do xénero foi Little Caesar, de Mervyn LeRoy, 1930 na que Edward G.Robinson interpreta a un gángster italiano  de xeito brillante. 
Edward G. Robinson en Little Caesar

Ao ano seguinte The Public Enemy interpretada por James Cagney e dirixida por William Wellman é máis violenta aínda que a anterior no que o protagonista , ao non carecer de encanto e ser tratado con certa indulgencia, xerou un debate na sociedade estadounidense. 

Outras constantes no cine de gángsters foron a fe católica, os dramas familiares e os valores da familia. Cuarenta anos máis tarde a visión máis célebre e sombría do mundo da hampa continuaría esa tradición ;foi a triloxía de O Padriño de Francis Ford Coppola.
Howard Hawks en 1932 dirixiu Scarface: Shame of a Nation, a película do xénero máis interesante da época. É a máis innovadora polo uso expresionista de símbolos e da iluminación. Recrea feitos reais como a matanza de San Valentín, con rigor periodístico.


En tres anos fixéronse 70 películas do xénero en Hollywood que tivo moita influencia no cine británico, francés e xaponés dos anos 40, 50 e 60.

Tras a primeira etapa do cine de gángsters, a corrupción do poder pasou a ser o tema principal deste cine. Os directores retrataron aos personaxes como heroes existenciais, fascistas, víctimas da sociedade, hedonistas etc.

O CINE ENTRE 1928-1945: O CINE DE TERROR


Levaba facéndose máis de 20 anos. O Gabinete do Dr.Caligari, Nosferatu, El Golem…eran xermanas. En 1931 Universal Studios apostou polo cine de terror como xénero . Fixéronse entón dúas películas: Frankenstein de James Whale e Drácula de Tod Bwowning. Esta última chea de silencios, aparicións espectrais de Bela Lugosi, o seu protagonista. É cine de terror en estado puro. 

Tamén dirixida por Tod Browning destaca A parada dos monstruos, 1932(Freaks) película alucinante de seres deformes que deciden vingarse da bela Olga Baclanova mutilandoa bárbaramente para exhibila como un monstruo no seu circo.


Freaks, 1932
En Frankesnstein, Whale utiliza moitos elementos do Expresionismo xermano. O seu actor, Boris Karloff, dotou de profundidade a este personaxe marxinado pola sociedade. No fondo é un film que trata sobre os prexuizos e desminte a idea de que o cine comercial non podía estar dotado de contido.

Boris Karloff converteuse nuha estrela e foi durante 40 anos no actor máis famoso do cine de terror. Karloff interpretou tamén A momia en 1932 dirixida por Karl Freund nun dos máis grandes éxitos de cine de Terror que a partires de grandes títulos como Psicosis, O exorcista, O resplandor, The Blair Witch Project creou referentes estéticos e técnicos da historia do cine.

5/2 CINE ENTRE 1928-1945: A COMEDIA MUSICAL

A comedia musical
É a principal novidade do cine sonoro. En 1932 o mesmo Mamoulian dirixiu Love me tonight, con números musicais grabados antes da rodaxe o que producía maior graza visual nesta chispeante comedia influida por Lubischt.

Night and Day, 1934 con Fred Astaire e Ginger Rogers

Coreografías e números musicais intercalados cada 5 o 6 minutos eran a base dun cine repetitivo e pouco original. Merece mención aparte o virtuoso claqué de Fred Astaire e Ginger Rogers entre 1933 e 1939 pero haberá que esperar a despois da guerra para a renovación do xénero con Vicente Minnelli e Stanley Donen.

5/1 O CINE ENTRE 1928 E 1945, O APOXEO DE HOLLYWOOD : INTRODUCIÓN

ÍNDICE
3.1.Introdución
3.2. A comedia musical
3.3. O cine de terror
3.4 O cine de gángsters
3.5 O Western
3.6 O Cine de Contido social
3.7 A comedia
3.8 Cine de aventuras
3.9 Os grandes maestros da época clásica: Howard Hawks, Franz Capra, John Ford, William Wyler
3.10. O cine durante a Segunda Guerra Mundial.

1. Introdución
Os primeiros anos vinte foron os da creación do Star System e do artificial mundo hollywoodiense, que viron como xurdían estrelas como Douglas Fairbanks, o flamante actor protagonista do Ladro de Bagdad, dirixida por Raoul Walsh en 1929, a culminación do cine  de fastuosos decorados , o cine de comedias romántica que parecía fuxir da cotidianidade e o realismo. O máis astuto dos homes desta época foi o produtor e director Cecil B. De Mille que dirixiu en 1923 a superproducción Os Dez Mandamentos .
En 1927 estreouse O cantor de Jazz, primeira película sonora.
O cine sonoro xurdiu pois coincidindo coa crise do 29. Este desastre xerou nos cidadáns a necesidade de evasión e diversión. Pero a  este éxito do cine contribuiu tamén a creación do sonoro. Como consecuencia do éxito obtido, as salas de USA comezaron a instalar equipos de son detrás das cámaras nunha época en que o habitual era ir ao cine ata 4 ou 5 veces por semana.
Ao comezo do sonoro houbo multitude de problemas técnicos para eliminar os ruidos do ambienteque distorsionaban á rodaxe. Os escenarios echáronse de micrófonos, altavoces e cables coartando a liberdade creativa.
Robert Mamoulian, un dos rusos afincados en Hollywood, descubriu en 1929 que podía superpoñer dúas voces . Concetos como a paisaxe sonora , sons ameazadores ou de ambiente comezan a aparecer.
Nestes anos 20 a industria cinematográfica converteuse na terceira industria do país e en 1931 os nove estudos creados durante eses anos sentaron as bases dunha oligarquía que controlaba toda a industria do cine. Hollywood converteuse na Meca do cine.

Pero nestas mesmas datas consolídanse os xéneros cinematográficos : películas de gángsters, os westerns, as comedias, o cine de terror, o cine bélico, os filmes de animación, os melodramas…Os catro primeiros son genuinamente americanos. As nove produtoras producían oito tipos de películas que foron a base do entrenimento ata os anos 50.