lunes, 25 de enero de 2016

A COMEDIA

A comedia decidiu olvidarse de frívolos enredos do mundo elegante. Coa irrupción do son a comedia viviu unha auténtica revolución.
Chaplin continuou dirixindo películas de gran calidade como Luces da cidade , un melodrama, (1931) ou Tempos modernos (1936) pero Keaton e Lloyd entraron en declive. De Tempos Modernos falamos previamente. Chaplin fai unha dura crítica do traballo en cadena, da deshumanización das máquinas, do desemprego, en conclusión, da brutal explotación do home polo home. É unha película muda pero con banda sonora na que só falan as máquinas. No Gran Dictador ( The Great Dictator, 1940) , Chaplin fixo unha sátira feroz contra as dictaduras de Hitler e Mussolini  nunha aínda América neutral, desafiando as presións alemás. Chaplin foi unha figura case insólita no Hollywood dos anos 30, criticado e admirado ao mesmo tempo.
As mulleres convertéronse en elementos fundamentais das comedias dos anos 30 e destacaron actrices como Mae West, Katherine Hepburn ou Carole Lombard.

A guerra dos sexos foi unha fonte de inspiración. Tamén a disparatada comicidade case surrealista dos Irmáns Marx, Chico, Harpo e Groucho, que chegan ao cine procedentes do music hall .



Unha noite na ópera

Ninochtka


Destacan tamén as comedias de Laurel e Hardy, coñecidos como o gordo e o fraco. Pero será a comedia lixeira , creada por Lubitsch e remodelada por Franz Capra , a máis popular. Títulos como Vive como queiras (You can´t take it With you) 1938, Franz Capra), A fera da miña nena ( Bringing Up Baby, 1938) de Howard Hawks ou Ninotchka, 1939 de Lubitsch , sátira antisoviética  dan brillo a este xénero.

Dedicaremos un apartado a falar do cine durante a Segunda Guerra mundial e nel, das películas bélicas e os melodramas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario