lunes, 18 de enero de 2016

NACEMENTO E CONSOLIDACIÓN DO WESTERN


D.W. Griffith foi o primeiro poeta na nova arte cinematográfica pero Thomas H. Ince foi o seu primeiro dramaturgo.
Thomas H. Ince (1882-1924) realizou centos de películas , westerns na súa maioría e foi que prestixiou e difundiu este xénero.
En 1911 comezou a dirixir unha produtora especializada en Westerns . Contratou un circo de verdade, con cowboys. Across the plains (1911) é un film sobre a febre do ouro cando apenas existía tradición de westerns.
A epopeia do Oeste constitúe a historia dun país sen historia. A Historia do Oeste comeza coa exapansión dos colonos de Ohio e có transporte de gando, a febre do ouro, a construcción do ferrocarril, a guerra contra os pobos indios , as loitas entre gandeiros e agricultores e tantas outras. Nada contan da aniquilación dos bisontes ou das matanzas de cheyennes. O western conta a historia dos vencedores e ensalza os seus heroes como Buffalo Bill, David Crockett, Jesse James, Billy the kid, Calamity Jane, Wild Bill Hickok, Pat Garret etc.
Foi a gran odisea branca do século XIX.
Thomas Ince lanzou en 1913 a Río Jim, actor impoñente de ollos craros e penetrantes de gran poder magnético. Coas aventuras de Río Jim introduciu a naturaza como decorado insustituíble e o home , o vaqueiro, fundándose nela.
Río Jim
O Western naceu como acción porque Ince comprendeu que o cine era acción e movemento. O esplendor do novo xénero exprésase sobre todo en planos xerais: long shots que permiten aprezar a naturaza agreste.
Polo demáis, o Western moverase en adiante no circulo pechado: o bó, o vilán, o sheriff, a rapaza, a prostituta de bo corazón, o xuíz, homes dunha peza, o rancho , o saloon, a estampida, o duelo…
Nos anos 20 rodáronse moitos westerns épicos como A caravana de Oregón , 1923, de James Cruze e The Iron Horse, O cabalo de ferro (John Ford, 1924).

Entre 1928 e 1945 rodáronse numerosos westerns aínda que o apoxeo do xénero foi a finais dos 40. A diferencia do cine sobre gángsters, o western presenta unha sociedade emergente que loita por dotarse dunha lei. Ambientadas na época entre 1860 e 1900 , xusto cando comeza a historia do cine, as primeiras películas do xénero contaban as veces con verdadeiros vaqueiros no papel de extras como foi o caso de Buffalo Bill. Facemos mención especial a westerns de Howard Hawks e John Ford no apartado sobre estos directores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada