domingo, 29 de mayo de 2016

ESTADOS UNIDOS 1953-1959: INTRODUCCIÓN


En plena Guera Fría coa Unión Soviética, con episodios como a crise de Berlín ou a Guerra de Corea, a mentalidade dominante deste anos da administración republicana de Eisenhower  foi conservadora, consumista e optimista.
Esta década vai coincidir coa aparición da pantalla panorámica. A 20th Century Fox produciu a primeira película en gran formato . The robe , A túnica sagrada, en 1953. O novo formato contribuiu ao carácter épico. Para adaptar a colocación dos actores á pantalla ancha renúnciase a profundidade de campo e o resultado foi a colocación dos actores en liña, en friso, foi o chamado washing line. O resultado foi un cine moito máis teatral.

Pero ao marxe do cine teatral, van xurdir novos cineastas que introducirán novos temas, en consonancia cunha xeración rebelde. Foi a época en que o código Hays pasa afortunadamente ao esquecemento. Novos creadores á altura de Welles, como Stanley Kubrick e haberá un desexo de intelectualización do cine coa influencia do cine europeo e yamén do tetaro americano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario