miércoles, 18 de mayo de 2016

CINE ESPAÑOL :1955-1965

Descontado Buñuel, que filmou case toda a súa obra en México e Francia excepto Tierra sin pan (1933), Viridiana (1961) e Tristana (1970) a aportación española á cultura cinematográfica foi raquítica nos nos anos de posguerra. Os intelectuais españois da época tiñan unha opinión moi negativa do cine con algunha sinalada excepción como García Lorca.
A partir de 1939 hai que partir de cero. En 1941 prohíbese proxectar noutro idioma que non sexa en español. En 1943 comeza a protección económica ao cine español. España intelectualmente na posguerra está a anos luz do resto do mundo occidental. As películas producidas eran de ínfima calidade, temas de inspiración folclórica andaluza. O nivel de rpodución tamén era moi baixo e España vivía allea á creación dos grandes artistas como Eisenstein, Stroheim, welles, Chaplin, Murnau ou Renoir.
España, debido á situación de illamento internacional na que se vai atopar o réxime tras a derrota das potencias do Eixe en 1945, vai recurrir ás teorías neorrealistas. A maioría das películas serán propaganda do réxime. O mesmo Franco chegou a escribir guións como o de Raza, una película de Sáenz de Heredia, 1950, baixo o pseudónimo de Jaime de Andrade.
Surcos, de 1951, foi a primeira película neorrealista do cine español e rodouse nunha barriada dunha gran cidade ao estilo De Sica. Pero o sorpendente foi qu o director, José Antonio Nieves Conde, era de ideoloxía conservadora. O seu filme retrata as condicións dos barrios pobres nun tono condescendente pero no fondo a mensaxe que se quere transmitir era próxima ás tesis do franquismo: que a obsesión por modernizar ao país son a fonte dos problemas.
A situación do cine era tan grave que aínda en 1955 o Cine Club Universitario de Salamanca fai un chamamento para celebrar unhas conversacións Nacionais entorno aos problemas da cinematografía. Bardem conclúe sore estas conversacións “ O cine español actual é : politicamente ineficaz, socialmente falso. Intelectualmente ínfimo. Estéticamente nulo. Industrialmente raquítico.”
Pero nese ano xustamente comeza unha nova cultura veraz e antirretórica. Nas conversacións de Salamanca participaron dous xóvenes que van ser os puntais da resurrección do cine español :
Lus García Berlanga (1921-2010) e Juan Antonio Bardem (1922-2002) Ambos recibiron influencia do neorrealismo italiano.
Luis García Berlanga ,o máis famoso director neorrealista español, tiña 30 anos cando dirixiu Bienvenido Mister Marshall (1952), con guión de Bardem. Unha ácida crítica á campaña de axudas á Europa de posguerra. Os habitantes dun poco de Castela , Villar del Río, preparan una calorosa benvida a una comitiva de americanos que vai levar axudas . 



Para agasallalos   van  transformar o pobo castelán nun típico pobo andaluz. A sátira mistúrase coa tenrura coa que se tratan os personaxes e os seus soños por cumprir , aspiracións moi sinxelas , que van ver quebrados xa que os americáns pasan sen se deter. Berlanga era de esquerdas.


Pero incriblemente a película superou a censura franquista probablemente porque só viron a crítica antiamericana aínda que por primeira vez se facía unha disección da sociedade española , sempre tratado con humor para espertar a conciencia dos españois. O filme acadou un premio en Cannes, o primeiro importante do cine español nun festival internacional.

Nese mesmo ano, 1952, triunfa en Cannes Muerte de un ciclista, de Juan Antonio Bardem, que fai un retrato do egoísmo da alta sociedade madrileña. Unha parella de amantes atropeia a un ciclista e deciden deixalo moribundo e fuxir. 


Muerte de un ciclista inaugura unha triloxía completada con Calle Mayor (1956) , exame da mediocridade da vida nunha pequena cidade de provincias a través da frustración dunha solterona ; e La venganza (1958) , retablo da vida no campo, parábola sobre os últimos anos da vida en España. A partires de 1960 a carreira de Bardem foi moi desigual.
A obra de Berlanga derivou cara un humor sainetesco, con poéticas e toques nostálxicos. Novio a la vista (1953) e  Calabuch (1956), que retrata as andanzas dun sabio atómico norteamericano refuxiado nun pobo costeiro español, son pretextos para facer caricaturas amables da sociedade.
Disgustado pola acción da censura, deixa o cine por uns anos ata o seu encontro có guionista Rafael Azcona, que xa escribirá o guión de El pisito (1958) dirixida por Marco Ferreri. Ferreri, de orixe italiano, dirige en 1959 una das primeras películas relevantes da época, El cochecito, que ten como protagonista a don Anselmo, un viuvo que, no seu desexo de comprar una silla de rodas motorizada , intenta envelenar a toda a familia. Ferreri aborda os problemas socias como as condición de vida da gente maior, dándolle á volta a situación, con gran ironía e realismo, tan propios de España. Na mesma mistura de ironía e realismo baseábase a obra de Valle-Inclán e tamén a filmografía de Almodóvar.

 Azcona imprimiu una viraxe total á obra de Berlanga. Introduciu o humor negro nas súas sátiras que parecen entrocar coa litertura do século de ouro. A esta etapa pertencen Plácido (1962) , sobre a hipocresía de certas formas de caridade, e El verdugo (1963) que conta como a presión das circunstancias pode levar a un home a asumir una profesión qu lle repugna, a de verdugo.




Bardem e Berlanga romperon a frente do novo cine español que vai tratar de reflectir con autenticidade a realidade social.
Luis Buñuel traballaba xa no exilio. Fixo varios filmes comerciais e documentais  pero xa en México dirixe Los Olvidados (1950) berro desgarrador sobre a infancia miserable e delincuente. Dentro do seu realismo, introduce escenas oníricas , xa que nunca vai esquecer o surrealismo. Tras varios filmes de éxito, recoñecidos en festivais internacionais, en 1955 dirixe Ensaio dun crime, comedia surrealista , un dos seus filmes máis fascinantes.

O propio Franco é que invita a Buñuel a regresar a España desde México para rodar o que el quiera. O resultado fui una crítica feroz do franquismo. Viridiana, 1961, retrata a una joven religiosa , que sufrir abusos por parte dan tío, que invita a sea casa a pobres e desvalidos . Una vez nela protagonizan una réplica profana da última cea de Xesús. As imanes de contado sexual abundan. O tío representa a Franco e a sobrina a una ingresa ingenua e cómplice. O resto dos personales personifican a miseria da vida nunha gran parodia anticatólica.

 En 1962 houbo un cambio cando Fraga Iribarne fíxose cargo do Ministerio de Información e Turismo e nomea a J.M. García Escudero Director General de Cinematografía y Teatro e considerase necesario filmar películas de calidade que poidan concurrir a festivais internacionales. Hai entón moitos novos directores procedentes da Escola Oficial de Cinematografía, como Carlos Saura.


Saura era trinta anos máis novo que Buñuel pero o seu terceiro traballo , La caza, España , 1965, é tamén unha crítica á dictadura franquista. Trata sobre tres amigos que combatiron no bando nacional durante a guerra civil. Xunto cun cuarto amigo, máis novo, van cazar coellos, unha das aficcións favoritas de Franco. O escenario é un antigo campo de batalla onde os tres combatiran. Tras chegar, comezan a beber e a folosofar. Ao final comezan a discitir e danse caza entre eles e un a un van morrendo menos o máis novo. Salvou a censura por evitar as alusións directas á guerra. E Saura convertéuse nun dos  directores máis importantes do cine español e que influiu por exemplo moito en Sam Peckimpah.


No hay comentarios:

Publicar un comentario