domingo, 17 de abril de 2016

1945-1952: O CINE BRITÁNICO

Ao rematar a guerra , Arthur Rank consolidou un colosal imperio cinematográfico e foi o produtor indiscutible que controlaba máis de 2000 salas de exhibición.
O cine inglés afrontou con optimismo a posguerra . Rank , para prestigiar o cine británico, fai adaptacións literarias de Dickens, como Cadeas rotas de David Lean ou Oliver Twist (1947).
 Tamén o grande éxito de Pigmalión  ou o ballet filmado de As zapatillas vermellas  (The Red Shoes) 1947. Pero Rank recoñeceu que predera moitos cartos con estas custosas producións.
 


As experiencias máis interesantes no plano artístico foron as películas dirixidas por Laurence Olivier , con textos de Shakespeare : Henrique V, Hamlet (1948), nas que a cámara é moi áxil para enriquecer a linguaxe teatral. Hamlet levou o Leon de Oro de Venecia, no ano en que concursaba La terra trema.
Pero o espectador medio prefería o cine policíaco ao shakespeariano. Neste capítulo que acadou o cúmio máis alto foi Carol Reed que filma en 1947 Longa é a noite (Odd Man Out, 1947) expoñendo maxistralmente a caza dun delincuente (interpretado por James Mason) . Ao ano seguinte Reed colaborou có escritor Graham Greene, que é autor do guión de The Fallen idol , 1948.
Estas películas catapultan a Reed . O terceiro Home (The Third Man, 1949) , con guión de Graham Greene, obtivo un éxito enorme, no que tamén tivo que ver a cítara de Anton Karas e a súa inconfundible música.
Reed está influenciado polo cine policíaco americano e polo expresionismo alemán ( angulacións enfáticas, encuadres oblicuos, claroscuros e efectos de iluminación.


O argumento é o seguinte:  un estadounidense, Holly Martins, ( interpretado por Joseph Cottens) , mediocre escritor de novelas,  intenta averiguar nunha Viena destruida tras a guerra e ocupada por franceses, americanos , rusos e británicos, se o seu misterioso amigo harry Lime morreu. Durante as súas investigacións namórase da amante de Harry e ao final descobre que Harry non morreu e que o seu amigo da infancia é un ser amoral que trafica con penicilina adulterada.
Joseph Cotten
Parece que Welles, que interpreta a Harry, interveu na factura  nalgunha das escenas como a da persecución porlas cloacas de Viena.
É unha película brillante, áxil e incisiva, que concentra a ambigëdade moral do seu director e o seu guionista.
As prestigiosas películas de Laurence Olivier e os éxitos mundiais de Carol Reed colocaron o cine británico entre as grandes potencias da cinematografía mundial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario