lunes, 19 de octubre de 2015

1903-1918- A FORMACIÓN DUN ARTE 2

O CINE ITALIANO
O cine italiano chamou a atención polas aportacións simbólicas e técnicas. Podemos afirmar que en Italia naceron as superproduccións  ambientadas en temas bíblicos  e históricos.
En 1913 Giovanni Pastrone dirixiu Cabiria, historia sobre una escrava siciliana á que salva unha e outra vez o escravo Maciste. Estivo rodando seis meses nunha época na que as rodaxes duraban días. Gabriele D´Annunzio participou no guión, dándolle máis publicidade ao film. Sorprenden os fastuosos decorados  que combinados cós travellings  e os efectos de luz artificial ,realizados polo operador aragonés Chomón, fan o máis espectacular do film , aportándolle un efecto tridimensional.

 En Italia rodouse o primeiro film vangardista, grazas á influencia de Marinetti, Perfido incanto (1916).
 E tamén houbo cine que gustou de contar historias máis naturalistas como Sperdutti nel buio, 1914.
Pero as custosas superproducciónns do cine italiano foron a causa do seu efímero esplendor.

ESTADOS UNIDOS E DAVID WARTH GRIFFITH

Non só en Italia había unha incipiente industria cinematográfica. Tamén en Rusia naqueles anos previos á Gran Guerra fixéronse produccións excelentes , que teñen moito en común coas escandinavas e tamén coa literatura rusa, películas pesimistas e sombrías que acadaron moita popularidade.

A Gran Guerra comezou xusto cando o cine estaba tomando forma. En 1913 Nova Iorque contaba con casi mil salas de proxeción. Un flamante director chamado Cecil B. De Mille fixo a primeira longametraxe de Hollywood.

En 1913 fíxose The Railroad Porter, unha película con actores e director negros. Habería que agardar ata os anos 70 para atopar outra película “negra” e de feito fíxose en Reino Unido.

Outro fito na Historia do Cine foi His Last Fight de Ralph Ince que aporta a montaxe en ángulo inverso.


D.W.Griffith naceu en 1875 e traballou como actor e guionista. Realizou máis de catrocentas curtametraxes. Griffith non inventou ningún dos elementos clave da lianguaxe cinematográfica aínda que sí lle deu vida interior e humanidade aos sues Films. Utilizaba as técnicas xa coñecidas para expresar emocións de xeito moito máis intenso, minimizando os xestos e creando contrastes entre ternura e  ferocidad e elegancia. Captou a intensidade psicológica a través do obxectivo da cámara.
Griffith dirixiu o film máis famoso e polémico do cine mudo : O nacemento dunha nación ( The Birth of a nation, 1915, USA) . É unha película histórica , de aventuras tamén pero que transmitía valores propagandísticos a favor da segregación racial. Contaba a historia de dúas familias de bandos opostos durante a guerra de Secesión.




A producción foi de custo similiar a Cabiria e a rodaxe durou seis semanas. Contiña escenas de batallas épicas que contrastaban con outras máis íntimas e emotivas. A película tivo tal poder sugestivo que o KKK , desaparecido dende facía anos, rexurdiu con forza nos estados sureños.

Griffith quedou impresionado con Cabiria e influido polas novelas de Dickens fixo outro film , Intolerancia en 1916, de 3 horas e media na que trata conflitos amorosos ao longo da historia, intercalando catro historias e épocas diferentes e tratando o tema da intolerancia. Esta técnica de montaxe paralela non foi ben comprendida e confundiu a gran parte do público. Pero a súa complexidade influiu moito noutros cineastas como os soviéticos ou o americano de orixe vienés Erich von Stroheim.

Na Primeira Guerra Mundial morreron máis de dez millóns de persoas. Foi a fin dos Imperios germánico, ruso , otomano e austrohúngaro. En 1917 estalou a Revolución Rusa o que provocou a diáspora de miles de artistas .

O cine madurou neste período cegando a súa idade adulta. Hollywood aproveitou o desastre da guerra europea para medrar de xeito espectacular. Unha poderosa oligarquía era xa a posuidora da industria cinematográfica.
A década dos anos 20 serán os máis creativos e lucrativos de toda a historia do Cine.

Textos basados no libro Historia del Cine de Román Gubern e Historia del Cine de Mark Cousins


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada