domingo, 29 de mayo de 2016

STANLEY KUBRICK

Stanley Kubrick compartía a mesma vision crítica da vida que outros cineastas da súa xeración, como Elia Kazan ou Otto Preminguer só que o seu dominio do linguaxe cinematográfico sitúano a altura de Orsen Welles , Von Stroheim e outro xenios.
En 1956 dirixe Atraco Perfecto (The Killing) con estilo incisivo e ritmo trepidante narra a preparación e  execución dun atraco a un hipódromo alternando diferentes puntos de vista.
En Paths of Glory (Sendeiros de Gloria), 1957, fai unha dura crítica á arbitrariedade dos mandos militares durante a Primeira Guerra Mundial. Tal foi a dureza que a película que relata un acto de brutalidade, foi prohibida en Francia e por suposto en España durante moitos anos.
Kubrick creou un universo propio nos seus filmes, habitado por personaxes desprovistos de espiritualidade, un mundo deshumanizado. Estéticamente coida de xeito obsesivo ata os máis mínimos  dos detalles.

Utiliza de xeito recurrente a perspectiva monofocal de Renacemento , as paisaxes e escenarios soen mostrarse solitarios, con poucos personaxes, se exceptuamos a gran produción Espartaco, onde estivo moi condicionado polos desexos da produtora. A música xoga tamén un papel fundamental. Utiliza novedosos e ingeniosos movimientos de cámara : travellings, puntos de vista baixos ou unha enorme claridade en cada fotograma, todo elo para profundizar nos aspectos psicológicos e as sensación que transmite ao espectador como as claustrofóbicos atmósferas de O resplandor ou A laranxa mecánica.


En 1960 dirixe Espartaco onde demostra que o xénero histórico non está reñido necesariamente coa calidade artística e que pode ser vehículo de ideas sociais.








En 1962 dirixe Lolita, basada na novela homónima de Vladimir Nabokov , donde tuvo que lidiar coa censura ao plasmar de xeito magistral a obsesión que sin o protagonista (James Mason) por una joven de 12 anos.A genial interpretación de Peter Sellers fijo que na seguirte película Kubrick contara con el para o papel protagonista.
Lolita



En 1963 realiza Teléfono vermello:¿volamos cara Moscú ¿(Dr.Strangelove or : How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb) na que advertiu ao mundo sobre o peligro de xogar coa bomba atómica.





En 1968 dirixe 2001:Unha Odisea do espazo, 2001: A Space An Odyssey, que comeza có proceso de humanización no Cuaternario e acaba coa futura evolución biolóxica do home. Este filme, convertido nunha sinfonía visual é a maioría de idade do xénero de ciencia-ficción.






O interese pola indagación do home do futuro lévalle a adaptar a novela de Anthony Burgess , A laranxa mecánica , A Clockwork Orange, en 1971, unha cínica pero realista exploración das motivacións da conduta humana, enfrontada a todas as filosofías utópicas e exposta cunha brillante linguaxe cinematográfica.





No hay comentarios:

Publicar un comentario