lunes, 18 de enero de 2016

O CINE ENTRE 1928-1945: O CINE DE TERROR


Levaba facéndose máis de 20 anos. O Gabinete do Dr.Caligari, Nosferatu, El Golem…eran xermanas. En 1931 Universal Studios apostou polo cine de terror como xénero . Fixéronse entón dúas películas: Frankenstein de James Whale e Drácula de Tod Bwowning. Esta última chea de silencios, aparicións espectrais de Bela Lugosi, o seu protagonista. É cine de terror en estado puro. 

Tamén dirixida por Tod Browning destaca A parada dos monstruos, 1932(Freaks) película alucinante de seres deformes que deciden vingarse da bela Olga Baclanova mutilandoa bárbaramente para exhibila como un monstruo no seu circo.


Freaks, 1932
En Frankesnstein, Whale utiliza moitos elementos do Expresionismo xermano. O seu actor, Boris Karloff, dotou de profundidade a este personaxe marxinado pola sociedade. No fondo é un film que trata sobre os prexuizos e desminte a idea de que o cine comercial non podía estar dotado de contido.

Boris Karloff converteuse nuha estrela e foi durante 40 anos no actor máis famoso do cine de terror. Karloff interpretou tamén A momia en 1932 dirixida por Karl Freund nun dos máis grandes éxitos de cine de Terror que a partires de grandes títulos como Psicosis, O exorcista, O resplandor, The Blair Witch Project creou referentes estéticos e técnicos da historia do cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario