lunes, 18 de enero de 2016

5/1 O CINE ENTRE 1928 E 1945, O APOXEO DE HOLLYWOOD : INTRODUCIÓN

ÍNDICE
3.1.Introdución
3.2. A comedia musical
3.3. O cine de terror
3.4 O cine de gángsters
3.5 O Western
3.6 O Cine de Contido social
3.7 A comedia
3.8 Cine de aventuras
3.9 Os grandes maestros da época clásica: Howard Hawks, Franz Capra, John Ford, William Wyler
3.10. O cine durante a Segunda Guerra Mundial.

1. Introdución
Os primeiros anos vinte foron os da creación do Star System e do artificial mundo hollywoodiense, que viron como xurdían estrelas como Douglas Fairbanks, o flamante actor protagonista do Ladro de Bagdad, dirixida por Raoul Walsh en 1929, a culminación do cine  de fastuosos decorados , o cine de comedias romántica que parecía fuxir da cotidianidade e o realismo. O máis astuto dos homes desta época foi o produtor e director Cecil B. De Mille que dirixiu en 1923 a superproducción Os Dez Mandamentos .
En 1927 estreouse O cantor de Jazz, primeira película sonora.
O cine sonoro xurdiu pois coincidindo coa crise do 29. Este desastre xerou nos cidadáns a necesidade de evasión e diversión. Pero a  este éxito do cine contribuiu tamén a creación do sonoro. Como consecuencia do éxito obtido, as salas de USA comezaron a instalar equipos de son detrás das cámaras nunha época en que o habitual era ir ao cine ata 4 ou 5 veces por semana.
Ao comezo do sonoro houbo multitude de problemas técnicos para eliminar os ruidos do ambienteque distorsionaban á rodaxe. Os escenarios echáronse de micrófonos, altavoces e cables coartando a liberdade creativa.
Robert Mamoulian, un dos rusos afincados en Hollywood, descubriu en 1929 que podía superpoñer dúas voces . Concetos como a paisaxe sonora , sons ameazadores ou de ambiente comezan a aparecer.
Nestes anos 20 a industria cinematográfica converteuse na terceira industria do país e en 1931 os nove estudos creados durante eses anos sentaron as bases dunha oligarquía que controlaba toda a industria do cine. Hollywood converteuse na Meca do cine.

Pero nestas mesmas datas consolídanse os xéneros cinematográficos : películas de gángsters, os westerns, as comedias, o cine de terror, o cine bélico, os filmes de animación, os melodramas…Os catro primeiros son genuinamente americanos. As nove produtoras producían oito tipos de películas que foron a base do entrenimento ata os anos 50.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada