lunes, 5 de octubre de 2015

O NACEMENTO DO CINE : OS IRMÁNS LUMIÈRE

O NACEMENTO DO CINE
Dous presupostos físicos constitúen a plataforma do cine: a fotografía, que é a súa materia prima ou o seu elemento fundamental, como o espazo para a arquitectura ou a cor á pintura, e o principio de inercia visual que permite crear a ilusión de movemento.
Diversos inventos tentaron reproducir as imaxes en movemento. A linterna máxica é o máis claro precursor, xa antes de nacer a electricidade ou a fotografía. O zoótropo, 1834, ou o revólver fotográfico foron algúns destes primeiros inventos.
Thomas Alva Edison inventou a película de celuloide con perforacións para o seu arrastre; que ademáis cumplía coas características de ser flexible, resistente e transparente aínda que altamente inflamable.
Otros aparatos foron tamén o fonógrafo ou o kinetoscopio. Entre 1890 e 1895 houbo moitas patentes pero si Edison foi o primeiro en impresionar películas a Louis Lumière (1864-1948) xunto có seu pai Antoine e o seu irmán Auguste, correspóndelle o honor de ser o primeiro en facer proxeccións públicas có seu invento , o cinematógrafo, que tiña un sinxelo mecanismo de arrastre da película.
Era o ano 1895, o da guerra dos boers en Sudáfrica, do escándalo Dreyfuss na política francesa, da invención dos neumáticos ou dos rayos X cando os Lumière inventan a “máquina de imprimir a vida”.

A primeira exposición pública dunha das súas peliculiñas, foi o 28 de decembro de 1895 no Boulevard des Capucines , no sótano do Salon Indien, alugado polo prezo de 30 francos diarios.Os Lumiere invitaron a personalidades pero moitos , escépticos ante o novo aparato , non acudiron. George Méliès si estivo ali. E os que acudiron quedaron realmente fascinados ante o novo aparato . A recadación do primeiro día apenas cubriu os gastos pero en poucos días a marabilla de poder contemplar a vida nunha pantalla fixo que a expectación fose en aumento.
Esgotada a proxeción das primeiras películas, pequenos documentais da vida diaria, os Lumière enviaron operadores a distintas partes do mundo para que en Francia poideran contemplar lugares exóticos e afastados.
Outros inventores entraron na loita por patentar os seus inventos: Lear, Pathé y Mélies foron algúns deles en Francia William Paul en Londres e T.A.Edison en Estados Unidos que monta a productora Biograph.
Edison inventou en 1889 o Kinefonógrafo. En 1894 exhibe as primeiras series do seu kinetoscopio, un aparato que obligaba a poñer o ollo no ocular de aumento . Edison estaba convencido de que o visionado individual tiña máis futuro pero cando en 1896 estréase unha película dos Lumiere en Nova Iorque cun éxito delirante, quedou demostrado que o cine nacía como espectáculo de masas.
Houbo outros aparatos de patente americana , grazas o espírito emprendedor e a doctrina Monroe que fomentaron a independenza de Europa neste aspecto: o biógrafo, bioscopio, veriscopio, etc. Aos Lumière puséronselles as cousas complicadas e tiveron que marchar a Canadá.
En 1898 naceu a productora americana Vitagrah cunha primeira película sobre a guerra hispanoamericana, demostrando así ser un útil instrumento de propaganda política. Propaganda política e exaltación nacionalista entraron nun lugar privilegiado na nacente industria.

Pero tamén a exaltación religiosa, a erótica ou o humor formaron parte destes primerios pasos do cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada