miércoles, 1 de junio de 2016

O MELODRAMA


Tres realizadores foron os que souberon engadir un tono de duda psicolóxica e social aos melodramas con argumentos a simple vista convencionais: o xa mencionado Nicholas Ray , Vincente Minnelli e  Douglas Sirk .
Vincente Minnelli formouse có cine europeo. En The Cobweb ( A rañatea) 1955 , plasma todas as súas preocupacións intelectuais a través da disputa entre persoal dun hospital psiquiátrico e os seus pacientes. Ao igual que no Gabinete do doutor Caligari, a fotografía e as imaxes xogan un papel fundamental para reflectir o estado mental desquiciado dos personaxes.



Douglas Sirk abordou os medos da sociedade estadounidense dun xeito moi interesante. Naceu en Dinamarca en 1900 e formouse en Alemaña onde comezou como director teatral. A partires de 1943 comezou a súa carreira como realizador en Hollywood. A máis influinte de todas as súas películas foi All That Heaven Allows (Só o ceo o sabe) 1956, na que a protagonista (Jane Wyman) é unha viuva a que os amigos marxinan cando comeza una relación cun xardiñeiro (Rock Hudson). Contrasta as imaxes da natureza , asociadas a o xardiñeiro  e a os seus principios morais sólidos, e as imaxes das relacións sociais da viuva, estéris e que reflicten os prexuízos, o conformismo e a decadencia da clase media americana. A película foi un exemplo do cine comercial subversivo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario