domingo, 20 de septiembre de 2015

QUE É O CINE? A SÉPTIMA ARTE

QUÉ É O CINE? A SÉPTIMA ARTE

Foi  xa na Grecia clásica onde xurdiu a diferenciación das artes en superiores ou Belas Artes, aquelas capaces de seren aprezadas por ollos e oídos, e as artes menores, moito máis tactis.
As seis Belas Artes son a arquitectura, a escultura, a pintura, a música, a poesía (literatura) e a danza. A esta lista engadiuse o cine en 1911, tan só uns poucos anos despois da súa creación.
O cine naceu como procedimento técnico que permitía gravar e reproducir imaxes en movemento. En pouco tempo, moitos artistas viron as súas infinitas posibilidades no mundo da creación artística xa que culminaba a procura do máximo realismo iniciada no Renacemento.
O berce do cine sitúase a finais do século XIX, en plena segunda Revolución Industrial, no mundo do metro, do teléfono e o telégrafo, do tranvía e a electricidade e tamén do automóbil; en definitiva, dos medios de comunicación de masas e de rápidos medios de transporte que revolucionaron o mundo coñecido e en apenas trinta anos fixo que mudara máis que nos trinta séculos anteriores.
O cine convertiuse na arte máis complexa polas súas implicacións en varios campos técnicos e artísticos. Nace pois tamén como industria. Pero o máis interesante e que tamén naceu como espectáculo, e como tal, como eficaz método de propaganda e control das mentalidades.

Todo isto  converteo nun fenómeno cultural complexo cunha curta pero apaixoante historia que tentaremos afrontar neste blog a través dalgunhas das súas creacións máis significativas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada