![]() |
Twelve Angry Men |
Nos 50 as pequeñas produtoras buscan atraer ao público con temas polémicos.
Moitos dos directores aos que se lles encargaban estas películas procedían do ámbito
da televisión. Paradigma deste tipo de cine de baixo prosuposto é o film Marty, dirixido por Delber Mann en 1955
que chegou a acadar a Palma de Ouro de Cannes. É una crónica prosaica de amor
entre un tosco carnceiro (Ernest
Borgnine) e una tímida institutriz. Os personaxes son xustamente o contrario
dos heroes clásicos de Hollywood, os escenarios son populares como o Bronx
neoyorquino e cheos de xentes vulgares.
Esta xeración de directores deron tamén lugar a un intenso melodrama : Doce homes sen piedade (Twelve Angry Men)1957,
dirixida por Sydney Lumet,
desenvolvida na sala de deliberacións dun xuízo onde o xurado popular ten que
tomar una difícil decisión. O filme transcurre a tempo real en el explóranse as
relación e as reaccións dos personaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario