Tres realizadores foron os que souberon engadir un tono de duda psicolóxica
e social aos melodramas con argumentos a simple vista convencionais: o xa
mencionado Nicholas Ray , Vincente Minnelli e Douglas Sirk .
Vincente Minnelli formouse có cine europeo. En The Cobweb ( A rañatea) 1955 , plasma todas as súas preocupacións
intelectuais a través da disputa entre persoal dun hospital psiquiátrico e os
seus pacientes. Ao igual que no Gabinete do doutor Caligari, a fotografía e as
imaxes xogan un papel fundamental para reflectir o estado mental desquiciado
dos personaxes.
Douglas Sirk abordou os medos da sociedade estadounidense dun xeito moi
interesante. Naceu en Dinamarca en 1900 e formouse en Alemaña onde comezou como
director teatral. A partires de 1943 comezou a súa carreira como realizador en
Hollywood. A máis influinte de todas as súas películas foi All That Heaven Allows (Só o ceo o sabe) 1956, na que a protagonista
(Jane Wyman) é unha viuva a que os amigos marxinan cando comeza una relación
cun xardiñeiro (Rock Hudson). Contrasta as imaxes da natureza , asociadas a o
xardiñeiro e a os seus principios
morais sólidos, e as imaxes das relacións sociais da viuva, estéris e que
reflicten os prexuízos, o conformismo e a decadencia da clase media americana.
A película foi un exemplo do cine comercial subversivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario