Stanley
Kubrick compartía a mesma vision crítica da vida que outros cineastas da súa
xeración, como Elia Kazan ou Otto Preminguer só que o seu dominio do linguaxe
cinematográfico sitúano a altura de Orsen Welles , Von Stroheim e outro xenios.
En 1956 dirixe Atraco Perfecto (The Killing) con estilo incisivo e ritmo
trepidante narra a preparación e
execución dun atraco a un hipódromo alternando diferentes puntos de
vista.
En
Paths of Glory (Sendeiros de Gloria), 1957, fai unha dura crítica á
arbitrariedade dos mandos militares durante a Primeira Guerra Mundial. Tal foi
a dureza que a película que relata un acto de brutalidade, foi prohibida en
Francia e por suposto en España durante moitos anos.
Kubrick
creou un universo propio nos seus filmes, habitado por personaxes desprovistos
de espiritualidade, un mundo deshumanizado. Estéticamente coida de xeito
obsesivo ata os máis mínimos dos detalles.
Utiliza de xeito recurrente a perspectiva monofocal de Renacemento , as
paisaxes e escenarios soen mostrarse solitarios, con poucos personaxes, se
exceptuamos a gran produción Espartaco, onde estivo moi condicionado polos
desexos da produtora. A música xoga tamén un papel fundamental. Utiliza novedosos e ingeniosos movimientos de cámara : travellings, puntos de vista baixos ou unha enorme claridade en cada fotograma, todo elo para profundizar nos aspectos psicológicos e as sensación que transmite ao espectador como as claustrofóbicos atmósferas de O resplandor ou A laranxa mecánica.
En
1960 dirixe Espartaco onde demostra que o xénero histórico non está reñido
necesariamente coa calidade artística e que pode ser vehículo de ideas sociais.
En 1962 dirixe Lolita, basada na novela homónima de Vladimir Nabokov , donde tuvo que lidiar coa censura ao plasmar de xeito magistral a obsesión que sin o protagonista (James Mason) por una joven de 12 anos.A genial interpretación de Peter Sellers fijo que na seguirte película Kubrick contara con el para o papel protagonista.
![]() |
Lolita |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhgM2IiM2OLhUgC4ehZ-IvFkfncZKlFOUcg5fVFPXu-CN-ntGRay3ghe9_0piRytHWHuCMhDDyElmy4RNEZ43c5NMNrPFqTeuFksBWu__aPSvyMKHNGhXTpgnKx0vISyXiSmf96bc7p_tU/s1600/Unknown-1+copia.jpeg)
En 1968 dirixe 2001:Unha Odisea do espazo, 2001: A Space An Odyssey, que
comeza có proceso de humanización no Cuaternario e acaba coa futura evolución
biolóxica do home. Este filme, convertido nunha sinfonía visual é a maioría de
idade do xénero de ciencia-ficción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario