En plena Guera Fría coa Unión Soviética, con episodios como a crise de
Berlín ou a Guerra de Corea, a mentalidade dominante deste anos da administración
republicana de Eisenhower foi
conservadora, consumista e optimista.
Esta década vai coincidir coa aparición da pantalla panorámica. A 20th
Century Fox produciu a primeira película en gran formato . The robe , A túnica sagrada, en 1953. O novo formato contribuiu ao
carácter épico. Para adaptar a colocación dos actores á pantalla ancha renúnciase
a profundidade de campo e o resultado foi a colocación dos actores en liña, en
friso, foi o chamado washing line. O resultado foi un cine moito máis teatral.
Pero ao marxe do cine teatral, van xurdir novos cineastas que introducirán
novos temas, en consonancia cunha xeración rebelde. Foi a época en que o código Hays pasa afortunadamente ao esquecemento. Novos creadores á altura de
Welles, como Stanley Kubrick e haberá un desexo de intelectualización do cine
coa influencia do cine europeo e yamén do tetaro americano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario