miércoles, 1 de junio de 2016

CINE BRITÁNICO DOS 50: DAVID LEAN


David Lean chegou a ser director despois de pasar por todos os escalóns da carreira cinematográfica. Concedía máis importancia á montaxe que á propia dirección ou ao guión , feito que tal vez explique a brillantez dos seus filmes.
Nos 40 xa dirixira Sangue, suor e lágrimas (In Which We Serve, 1942) e Oliver Twist, 1948 que se convertiron en célebres retratos da sociedade británica.

Dr.Zhivago
A filla de Ryan

A ponte sobre o río Kwai


Oliver Twist

En 1955 dirixe Summer Madness (Loucuras de verán), xa nos Estados Unidos. Costa a historia dunha estadounidense de mediana idade que vive soa en Venecia.
A vocación internacional de lean consolidouse coas 5 seguintes películas, cada unha delas máis ambiciosa:
Lawrence de Arabia
The Bridge on The River Kwai, 1957, Lawrence de Arabia, 1965, Doutor Zhivago,(USA, 1965= Ryan´s Daughter (A filla de Ryan, Reino Unido, 1979) ou Passage To India ( Reino Unido, 1984).


David Lean fixo estas grandes producións có inconfundible selo de calidade británico e influiu moito en Steven Spielberg ou Francis Ford Coppola. Como Kurosawa era un meticuloso artesán do cine e adaptou obras de clásicos e tamén un grande maestro da montaxe.

O MELODRAMA


Tres realizadores foron os que souberon engadir un tono de duda psicolóxica e social aos melodramas con argumentos a simple vista convencionais: o xa mencionado Nicholas Ray , Vincente Minnelli e  Douglas Sirk .
Vincente Minnelli formouse có cine europeo. En The Cobweb ( A rañatea) 1955 , plasma todas as súas preocupacións intelectuais a través da disputa entre persoal dun hospital psiquiátrico e os seus pacientes. Ao igual que no Gabinete do doutor Caligari, a fotografía e as imaxes xogan un papel fundamental para reflectir o estado mental desquiciado dos personaxes.



Douglas Sirk abordou os medos da sociedade estadounidense dun xeito moi interesante. Naceu en Dinamarca en 1900 e formouse en Alemaña onde comezou como director teatral. A partires de 1943 comezou a súa carreira como realizador en Hollywood. A máis influinte de todas as súas películas foi All That Heaven Allows (Só o ceo o sabe) 1956, na que a protagonista (Jane Wyman) é unha viuva a que os amigos marxinan cando comeza una relación cun xardiñeiro (Rock Hudson). Contrasta as imaxes da natureza , asociadas a o xardiñeiro  e a os seus principios morais sólidos, e as imaxes das relacións sociais da viuva, estéris e que reflicten os prexuízos, o conformismo e a decadencia da clase media americana. A película foi un exemplo do cine comercial subversivo.