domingo, 17 de abril de 2016

1945-1952: O CINE BRITÁNICO

Ao rematar a guerra , Arthur Rank consolidou un colosal imperio cinematográfico e foi o produtor indiscutible que controlaba máis de 2000 salas de exhibición.
O cine inglés afrontou con optimismo a posguerra . Rank , para prestigiar o cine británico, fai adaptacións literarias de Dickens, como Cadeas rotas de David Lean ou Oliver Twist (1947).
 Tamén o grande éxito de Pigmalión  ou o ballet filmado de As zapatillas vermellas  (The Red Shoes) 1947. Pero Rank recoñeceu que predera moitos cartos con estas custosas producións.
 


As experiencias máis interesantes no plano artístico foron as películas dirixidas por Laurence Olivier , con textos de Shakespeare : Henrique V, Hamlet (1948), nas que a cámara é moi áxil para enriquecer a linguaxe teatral. Hamlet levou o Leon de Oro de Venecia, no ano en que concursaba La terra trema.
Pero o espectador medio prefería o cine policíaco ao shakespeariano. Neste capítulo que acadou o cúmio máis alto foi Carol Reed que filma en 1947 Longa é a noite (Odd Man Out, 1947) expoñendo maxistralmente a caza dun delincuente (interpretado por James Mason) . Ao ano seguinte Reed colaborou có escritor Graham Greene, que é autor do guión de The Fallen idol , 1948.
Estas películas catapultan a Reed . O terceiro Home (The Third Man, 1949) , con guión de Graham Greene, obtivo un éxito enorme, no que tamén tivo que ver a cítara de Anton Karas e a súa inconfundible música.
Reed está influenciado polo cine policíaco americano e polo expresionismo alemán ( angulacións enfáticas, encuadres oblicuos, claroscuros e efectos de iluminación.


O argumento é o seguinte:  un estadounidense, Holly Martins, ( interpretado por Joseph Cottens) , mediocre escritor de novelas,  intenta averiguar nunha Viena destruida tras a guerra e ocupada por franceses, americanos , rusos e británicos, se o seu misterioso amigo harry Lime morreu. Durante as súas investigacións namórase da amante de Harry e ao final descobre que Harry non morreu e que o seu amigo da infancia é un ser amoral que trafica con penicilina adulterada.
Joseph Cotten
Parece que Welles, que interpreta a Harry, interveu na factura  nalgunha das escenas como a da persecución porlas cloacas de Viena.
É unha película brillante, áxil e incisiva, que concentra a ambigëdade moral do seu director e o seu guionista.
As prestigiosas películas de Laurence Olivier e os éxitos mundiais de Carol Reed colocaron o cine británico entre as grandes potencias da cinematografía mundial.


miércoles, 13 de abril de 2016

HOLLYWOOD 1945-1952: A COMEDIA MUSICAL


A COMEDIA MUSICAL


Nestes anos a comedia musical da dúas das súas mellores obras , ambas protagonizadas por Gene Kelly: Un americano en París, 1951 , de Vincente Minnelli e Cantando Baixo a choiva, (Singin´in the rain) 1952 de Stanley Donen e o mesmo Gene Kelly.  A comedia musical perde os seus complexos e xa se esquece das referencias teatrais para introducir números musicais con total liberdade e como continuación lóxica da acción. Utilizaba técnica do Tecnicolor. 
Un americano en París foi tamén un éxito atronador de crítica e público, con Gene Kelly e Leslie Caron como protagonistas.Vincente Minnelli dirige este magnífico musical que obtuvo seis Oscars en 1951 en las categorías de mejor Película, Guión Original, Fotografía, Adaptación Musical, Decoración y Vestuarios.





Gene Kelly é un pintor americano afincado no París da postguerra. Alí leva unha vida bohemia, ata que coñece a Lise Bouvier (Leslie Caron),da que se enamora ,ella é unha bonita dependenta parisina, a piques de casar cun importante artista, . En torno a esta sinxela trama  xira un dos más brillantes musicais da historia do cine. Os espectaculares números de ballet acompañados da música de George Gershwin,  e a orquestra da Metro Golden Mayer fan pasar momentos inesquecibles. Todo elo envolto  nuns magníficos decorados e vestuarios.
En Cantando Baixo a choiva Gene Kelly e Stanley Donen fan unha deliciosa homenaxe aos primeiros anos do cine sonoro. Unha escena antolóxica e que da o seu nome ao film e na que Gene Kelly aparece cantando e bailando baixo a choiva, imaxe desbordante de vitalidade e enerxía contaxiosa, e tamén cargada dunha maxia especial. Stanley Donen foi ensamblando os números musicais no argumento de xeito que parecen xurdir 
espontáneamente.

Ambas películas constitúen a cima da comedia musical.

HOLLYWOOD: 1945-1952: GRANDES AUTORES NA CAZA DE BRUXAS

A guerra supuso para EEUU un período de grande prosperidade e crecemento económico. As factorías de Detroit e os pozos petrolíferos de Texas estaban a pleno rendemento , non había desemprego e cunha Europa e un Xapón esnaquizados, Estados Unidos pasa a ser a primeira potencia económica indiscutible.
A industria cinematográfica reflectiu este período de bonanza económica . Pero o clima de benestar de Beverly Hills vaise tornar cada vez máis enrarecido : primeiro foron os grandes pleitos de pequenas produtoras  o que supuxo unha enorme perda para as grandes compañías  polos seus abusos. Despois , a chegada da televisión xunto con novos hábitos de vida nos que os americanos trasladábanse a vivir a barrios afastados do centro e polo tanto , dos cines. E nestes novos hábitos de vida aparece a televisión, que é unha nova forma de entretemento que vai facer baixar o número de espectadores das películas.
Nos primeiros anos da posguerra , os máis prestigiosos cineastas estiveron concienciados e sensibilizados tras o trauma da guerra. Hai que lembrar que moitos morreron nos campos de batalla de Europa ou o Pacífico e dos que tornaron, moitos volveron mutilados.
Nestes anos fílmase Qué belo é vivir, 1946 de Frank Capra, do que xa falamos, película que tivo pouco éxito no momento ata que pasou a convetirse nun clásico da televisión en Nadal.
 Tamén John Ford filmou My Darling Clementine no mesmo ano, na que o lexendario vaqueiro Wyatt Earp atópase na localidade de Tombstone, un pobo de enorme decadencia moral, no que decide impoñer a orde. Esa decadencia moral é a que invade Bedforf Falls e que  o anxo de Capra lle amosa ao protagonista de Qué belo é vivir, no caso de que non tivera  nacido.
My Darling Clementine con Henry Fonda
En 1946 William Wyler rodaba Os mellores anos das nosas vidas, que amosa o regreso ao fogar de  tres veteráns de guerra . Fai unha chamada a conciencia do pobo americano.
Estes tres que citamos, Wyler, Ford e Capra, son veteráns aos que xa lles adicamos un capítulo especial.  Pero se Capra desaparece prácticamente desde Qué belo é vivir, Wyler derivará a unha producción máis comercial e Ford da síntomas de certo cansancio, aínda que en 1952 filma a deliciosa The Quiet Man.
The Quiet Man, John Wayne e Maureen O ´Hara



A XERACIÓN PERDIDA
Pero aparece unha nova xeración de directores noveles chamada a xeración perdida : John Huston, Elia Kazan ,Billy Wilder , Joseph Losey, Fred Zinnemann, Edward Dmytryk. As súas películas abordan temas de corrupción pública e privada que naqueles momentos corroían ao país.
Edward Dmytrick, canadiense de orixe ucraíno, acadou o seu mellor éxito con Encrucillada de odios (Crossfire, 1947) onde denunciou o odio antisemita latente en Estados Unidos. Tamén abordou o tema dos mutilados de guerra.
O antisemitismo estaba moi arraigado na sociedade americana , igual que o racismo cara a población negra. Entre 1945 e 50 houbo 13 linchamentos de negros. O conflito racial denunciuouse en No Way Out (1959) de Joseph Mankiewizc..
John Huston, autor teatral , xornalista , autor dramático, guionista e realizador de documentais durante a guerra, debuta como director no Falcón maltés, primeira obra do cine negro americano xunto con Perdicion de Billy Wilder. Ao cine negro lle adicaremos capitulo aparte.Huston volve a el en Xungla de asfalto, onde retrata a uns personaxes humanizados a pesares da súa maldade.
Marilyn Monroe, Jungla de asfalto

No Tesouro de Serra Madre xira a idea principal sobre o esforzó e o fracaso dos buscadores de ouro. En Moulin Rouge, 1953, retrata a desoladora vida de Henri Toulouse-Lautrec .Nesta cinta fai un excelente emprego do technicolor, como xa fixera un ano antes en A raiña de África, quizáis única película optimista de Huston, con Humphrey Bogart e Katherine Hepburn.
A raíña de África
A súa versión de Moby Dick (1956) adquiriu a dimensión dun reto á natureza, encarnada na balea.
Pero este cine crítico foi decapitado polo Comité de Actividades Antiamericanas. Porque nin os pleitos das produtoras , nin a televisión, nin a corrupción chegaron a enrarecer tanto o ambiente do cine como a actividad do comité que ao cargo do senador McCarthy alentou a histeria colectiva contra os movementos comunistas que favoreceu as delacións  e afectou a os máis prestigiosos intelectuais e a numerosa xente do cine. Tamén foi o clima idóneo para rodar películas de propaganda anticomunista como Telón de aceiro (1948) de William Wellmann. O Comité foi unha auténtica inquisición. Contra esta situación alzáronse moitas voces, entre elas, Thomas Mann, John Huston ou William Wyler pero foron silenciadas e aqueles que se negaron a declarar foron duramente condenados.

Elia Kazan era un inmigrante turco  que chegara aos Estados Unidos con apenas catro anos e viviu toda a crudeza da crise do 29. Cando chega ao cine xa era un prestixioso director teatral. Foi  fundador do pestixioso Actor´s Studio (1947) e o seu director xunto con Lee Strasberg, escola dramática da que saíron prestixiosísimos actores como Marlon Brando, Paul Newman , James Dean, Montgomery Clift, Karl Malden , Shelley Winters… que aplicaban as teorías interpretativas do método Stanislavski.
Marlon Brando foi a súa primeira revelación en Un tranvía chamado desexo   (A Streetcar Named Desire, 1951), sobre unha obra teatral de Tenessee Williams na que a súa interpretación levada ao límite e o seu magnetismo animal convírteno nuha estrela. 



Volven colaborar en Viva Zapata! 1952, onde Kazan, que acaba de ser depurado polo Comité de Actividades Antiamericanas , expón con maestría formal episodios da Revolución mexicana engadindo una reflexión sobre a inutilidade da revolución. En A lei do Silencio (On the Waterfront, 1954) fai tamén un alegato contra os sindicatos, tesis coas que intenta xustificar a síua actuación no Comité , ao que delatou a oitos compañeiros, actitude que pesou sobre a súa carreira.

O austríaco Fred Zinnemann fixo una triloxía sobre a guerra e o seu balance pero o seu maior éxito foi un western : Só ante o perigo (High Noon, 1952). que é a plena madurez de western psicolóxico nacido con Stagecoach.)Conta o conflicto moral dun sheriff que se debate entre o cumprimento do deber e o seu instinto de supervivencia, una parábola sobre o maccarthismo que mantén a una sociedade paralizada polo medo que deixa ao marxe o sentido da moral. O prestixio de Zinnemann acadou o cénit con De aquí a eternidade ( From Here To Eternity, 1953).

Billy Wilder era un xudeu austríaco que fuxiu dos nazis en 1933.Chegou a ser un dos máis aclamados directores e xunto con John Huston, o iniciador do cine negro. En 1950 dirixiu O crepúsculo dos deuses (Sunset Boulevard) desolador retrato do mundo do cine das súas vellas glorias. De feito recupera a Erich von Stroheim e a Gloria Swanson para o film. Na banda sonora inclúe o comentario en off da voz dun cadáver. 
O crepúsculo dos deuses

En The Big Carnival, 1951, explota a crítica á prensa sensacionalista.
Con este clima non é de extrañar que houbera un éxodo cara a Europa como pasou con Chaplin , Orson Welles ou Joseph Losey.
A última película americana de Charles Chaplin é Monsier Verdoux (1946) , inspirada nun argumento de Orson Welles, na que un refinado asasino de mulleres francés bó pai de familia, asasina só para manter a fortuna dos seus. A película é unha parábola sobre a fraxilidade da moral imperante.
Monsieur Verdoux

Candilejas


Foi duramente criticada e Chaplin, colocado no punto de mira do Comité. En 1952 abandona Estados Unidos e xa en Inglaterra realiza Candilexas (Limelight, 1952) con toques autobiográficos.

En 1957 dirixiu Un rei en Nova Iork ,unha despiadada disección da sociedade americana.