domingo, 28 de febrero de 2016

ALFRED HITCHCOCK : ETAPA BRITÁNICA E OS ANOS 40 EN HOLLYWOOD






Hitchcock
O cine inglés tivo un parón entre o fin da Escola de Brighton e os anos 30. Nesta década as políticas de estímulo ao cine e máis a aportación de numerosos artistas estranxeiros tiñeron o efecto de aumentar a produción considerablemente.
Pero non só estranxeiros, tamén algúns nomes británicos empezaron a despuntar considerablemente. De entre todos eles, Alfred Hitchtcok que foi o que conseguiu con mellor fortuna continuar a rica tradición narrativa policíaca inglesa con títulos como O vengador, (1926) , A rapaza de Londres (Blackmail, 1929) ou Murder (1930).
Alfred Hitchcok, de formación católica nun colexio xesuíta, o cal vai ser unha impronta no seu carácter, apartouse de camiños trillados e fuxiu dos ambientes insólitos ou truculentos tan habituais nas intrigas e sitúa as súas tramas en ambientes cotiás e domésticos onde xentes normais e prosaicas vense de súpeto sacudidas polo ramallazo do extraordionario. A ironía tamén será unha constante nas súas obras que ademáis fai ceder a brutal tensión psicolóxica dos seus suspenses. Hitchcock non inventou o suspense pero culmino esta técnica e ademáis o anglicismo suspense (to suspense) adoptouse noutras lenguas grazas a que foi el que o fixo universal.
Dotado dun estilo brillante e efectista, Hitchcock demostrou a súa prodigiosa habilidade no Home que sabía demasiado (The Man Who Know Too Much, 1934), 39 escalóns (Thirty-nine steps, 1935), The Lady Vanishes, 1938…Sazona a aventura con ingredientes psicológicos, sociais e morais.  A súa fama e prestixio fixo que xa nos anos 40 se embarcara na súa etapa americana.
Hitchcock estableceuse en Hollywood en 1939 e ata 1948 rodou dez películas. Explora a relación entre a persoa que observa e a observada, o poder erótico dos obxectos e os enganos do mundo visible: Rebecca (1940), Sospecha ( 1941) A sombra dunha dúbida (1943) e Lembra (1945). En todas elas os obxectos cotiás convérsense en inquedantes.
Có mesmo interés de penetración psicológica comezou tamén a explorar os límites da linguaxe cinematográfica en A soga: alonga a duración dos planos ata o técnicamente posible, é decir, ata que se remataba o rollo de película.É unha película rodada en 11 planos cando o normal naquela época eran 600 a 800. Hitchcock descubriu que os planos longos absorben ao espectador e acentúan o efecto de suspense que tanto lle gustaba, contribuindo a crear máis tensión.
Máis tarde , nos 50 , volveremos atopar ao gran maestro do cine británico.


domingo, 14 de febrero de 2016

O CINE DURANTE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL: O XENIO DE WELLES




A catástrofe da Segunda Guerra Mundial abriu un paréntesis na evolución económica e cultural das nacións. Có ataque de Pearl Harbor en decembro de 1941, a maior potencia industrial do planeta puxo a súa economía ao servizo da guerra incluido o cine. Os gánsteres transfórmanse en heroicos soldados.
Pero pouco antes do estorido da guerra un xoven de Wisconsin, chamado  George Orson Welles, brillante actor e director teatral , conseguía aos seus 25 anos provocar o pánico no país cunha emisión radiofónica: A guerra dos mundos , de H.G.Wells, en 1938. Ao día seguinte Welles era famoso.A RKO ofreceulle un contrato sen precedentes na industria cinematográfica, como director, actor, guionista e produtor e cobrando un 25% do recadado.
Sen previa experiencia cinematográfica en 1940 dirixe a súa primeira película Ciudadán  Kane (Citizen Kane) que o converteu nun dos mayores creadores da historia do cine. Welles tomou para o seu protagonista a figura do multimillonario e magnate William Randolph Hearst, chammado no film Charles Foster Kane, interpretado polo propio Welles. Hearst tratou de impedir a proxección pero non o conseguiu. O film só foi valorado justamente despois da guerra en Europa.
Pola súa complexidade técnica e narrativa, Citizen Kane parece hoxe a Intelorancia do sonoro. Na súa fabulosa mansión de Xanadú falece o multimillonnario Kane pronunciando unha misteriosa palabra: Rosebud. O xornalista Thompson comeza a averiguar o que pode significar e afonda na historia de Kane, interrogando a amigos. Vai construindo así un retrato apaixoante do magnate ata cegar a abandoar a mansión sen averiguar o significado da palabra. É entón cando vemos  a un empregado botando ao lume trastos vellos e a cámara ensina un trineo coa inscripción Rosebub, símbolo dunha infancia perdida e feliz.  A historia está contada nunha narración acronolóxica, en aparente desorden. É un excelente análisis histórico e  psicolóxico da formación dun poderoso plutócrata da sociedade capitalista. Tamén é un inteligentísimo estudio sobre o subxectivismo humano.
A linguaxe utilizada é original e barroca, de gran potencia expresiva. Traballa coa profundidade de campo , conseguindo postas en escena de esaxerada profundidade. Utiliza  ángulos de cámara insólitos e enfáticos. Tamén váles Boutros recursos como os flash-backs, montaxe curta, encadeado sonoro ou movementos de grúa. O resultado é un estilo vibrante, efectista.
Cidadán Kane foi un fracaso comercial.  O cuarto mandamiento foi a súa seguinte película.  Tamén outro fracaso económico. O talento de Welles semellaba non ter cabida en Hollywood e marcha de América comezando a dirixir o seu ciclo shakesperiano. : Macbeth e Othello, ata que en 1966 filma en España Campanadas a medianoite.

OS GRANDES ÉXITOS COMERCIAIS DE 1939


Os anos 30 foron a idade  de ouro para o cine de entretenimento. En 1939 estreáronse varias películas de enorme éxito. Xa falamos de dúas  delas,Ninotchka   e A dilixencia. No mesmo ano estréase unha das primeiras  primeiras película  en cor, The Wizard of Oz de Victor Fleming , musical baseado  nun conto do século XVII , conta a historia de Dorothy/Judy Garland , que vai en procura dun mundo de aparente felicidade, Oz. A pesares da apariencia, Dorothy atopa con numerosos problemas e chega a conclusión que ningún lugar como o fogar. A pelíula cuestiona de xeito moi velado os valores tradicionais.




Foise có vento (Gone with the wind) 1939, baseada na novela homónima de margaret Mitchell, foi a película máis taquilleira ata O exorcista (1973). Narra a historia de Scarlett O´Hara, ambiciosa Muller que o perde todo durante a guerra de Secesión. Escarlata é implacablemente castigada polo seu egoísmo. A película contén unha crítica ao absurdo da guerra. A súa estética e onde probablemente radicara o seu éxito.Aínda que dirixida por Victor Fleming , os aspectos formais estiveron a cargo do seu produtor, David O. Selznick. Unha das escenas máis célebres é na que contemplamos Tara, a mansión de Scarlett, un espectacular solpor que simboliza o fin dunha era e a Scarlett en primeiro termo contemplando os seus dominios.

En 1942 Michael Curtiz dirixiu outro gran éxito, Casablanca, interpretada por Humphrey Bogart e Ingrid Bergman , ambientada xa durante a guerra.

OS GRANDES MESTRES DA ÉPOCA DOURADA: HOWARD HAWKS,FRANK CAPRA, JOHN FORD E WILIAM WYLER


Howard Hawks foi quizáis o director máis importante dos estudios de Hollywood nos anos 30 e un camaleón do cine .Naceu en Indiana en 1896 e en 1906 trasladouse a California onde estudou enxeñería e  para gañar cartos no verán e pouco a pouco foise facendo un nome como guionista e editor.


Cara 1912 entrou no mundo do cine  para gañar cartos no verán e pouco a pouco foise facendo un Nome como guionista e editor. Aos 26 anos dirixiu varias curtas cós seus cartos e cando apareceu o cine sonoro, comezou coa dirección de longametraxes. Dirixiu as mellares películas do cine negro con Humbhrey Bogart e Lauren Bacall : Ter e non ter (1944) ; O soño eterno (1946), dous westerns dos máis importantes: Red River (Río Vermello) 1948 e Río Bravo(1958), así como un dos musicais máis famosos da historia do cine : Os cabaleiros as prefiren loiras- Gentlemen Prefer Blondes (1953).





Dirixiu 30 películas en 43 anos e resulta difícil crer que todas as dirixira a mesma persoa, incluso escritas e producidas por el, sempre movéndose con naturalidade dun xénero a outro. A camaradería e a profesionalidade son dous elementos importates nas súas películas . As mulleres que presenta Hawks soen ser duras e os homes moitas veces aparecen humillados. Moitas veces prefire homes impasibles e contidos como Humphrey Bogart.
Hawks foi o gran representante do realismo romántico para uns, do clasicismo dos anos 30 para outros. Aínda que moitas das películas están ambientadas tras a depresión, son personaxes que teñen traballo . Son personaxes reais pero nun contexto idealizado. Case nunca fai flashbacks ou travellings, nin ten rasgos impresionistas ou expresionistas.
Non innovou ou aportou nada  á linguaxe cinematográfica e por iso o segredo da súa grandeza é tan difícil de definir. Sí que aportou unha interpretación moito máis natural dos actores. Exemplo claro  en A comedia da vida con Jonh Barrymore e Carole Lombard. Tamén en Bringing Up Baby: un científico a piques de casar , necesita facerse cun óso de dinosaurio e unha excéntrica millonaria quere compralo para o museo onde traballa  pero a súa sobriña crúzase na vida do científico e prestase a convencer a tía se a acompaña a entregar a Baby, un leopardo  mascota da tía. Todo se complica de xeito vertiginoso.Cary Grant é constantemente humillado por Katherine Hepburn e non fan outra cousa que pisarse os diálogos. A comedia está caracterizada por unha enerxía desbordante e influiu na década dos 50 en Dean Martin ou Jerry Lewis.
De Scarface xa falamos no apartado de cine negro.

Frank Capra era siciliano e foi un adalid dunha corrente chamada “optimismo crítico” que ven a demostrar a saúde do sistema democrático americano e dun sistema que permete que calquera chegue a multimillonario ou a presidente dos Estados Unidos. En Sucedeu unha noite , 1934 (It Happened One Night) vemos como un xornalista con pouca fortuna (Clark Gable) chega a cúspide social grazas ao seu casamento coa filla dun multimillonario. Levou un oscar ao mellor director e film e tamén actor e actriz coindidindo por primeira vex os Oscars máis importantes nun film.
Na filosofía de Capra non é feliz o que non quere. A corrupción e a inxustiza desaparecen facéndolles fronte. É o portavoz do optimismo da época de Roosevelt. Non hai que esquecer que o código Hays comeza a poñerse en práctica en 1934 e pretende transmitir a idea dunha sociedade inmaculada, xusta, confortable , unha sociedade que confira aos americanos o orgullo de ser americanos.
Capra ten valores e puntos comúns en todas as súas películas : arremete contra as grandes esferas , ensalza personaxes que loitan contra as inxustizas como David contra Goliath, valoras as cousas sinxelas da vida…
Outros títulos salientables da súa cinematografía son Mr. Deeds Goes to Town ( O segredo de vivir) 1936 , na que o actor Gary Cooper incluso  foi elixido candidadto a presidente dos Estados Unidos no seu club de fans. You Can´t Take It With You (Vive como queiras), 1938, Arsenic and The Old Lace (Arsénico por Compasión) 1944, It´s a Wonderful Life, 1946 (Qué belo é vivir) , film que cós anos chegou a ser un clásico imprescindible do Nadal.  
John Ford é o máis clásico de todos os directores americanos. Comezou a traballar en Hollywood en 1913. Dende o primeiro momento soubo conferrir un aire romántico irlandés ao clasicismo das súas películas. Tivo preferencia por historias épicas do pasado recente protagonizadas por personaxes a medio camiño entre a vida e a lenda. En 1924 dirixiu o western O cabalo de ferro . Ford prefería poucos movementos de cámara e ángulos sinxelos, ten un estilo sinxelo e claro.
Ford traballou moitos anos cós guionistas Dudley Nichols e Nunally Johnson , cós que creeará os mellares títulos da súa carreira. En 1934 dirixe A patrulla perdida (The Lost Patrol) , unha patrulla inglesa acosada polos árabes no deserto, na que estes últimos non aparecen xamáis pero a atmósfera é de agobiante angustia. Esa mesma opresiva atmósfera é a do film O delator (The informer) 1935, que transcurre en 12 horas , nas que un personaxe (Victor McLaglen) ao ser expulsado por unha asociación nacionalista irlandesa, decide denunciar aos seus ex compañeiros á policía e cobrar a recompensa. Pero acosado polos remordementos, despilfarra os cartos, é detidos polos nacionalistas, xulgado e ejecutado .
A opresión ambiental destes dramas, desaparece na película A diligencia , 1939 (Stagecoach) nas que Ford escolle o escenario dos desertos do Monument Valley de Arizona. Dende entón mostrou a súa preferencia polos espazos abertos  que ademáis exerceu moita inflluencia en realizadores moi distantes entre sí no espazo e no tempo.A diligencia é un western magistral , fiel as leis da construcción dramática de Ford. Con guión de Nichols, trata dun grupo heteroxéneo de individuos unidos polo destino no interior dunha dilixencia. Os conflitos dramáticos da película nacían da forzada convivencia de personaxes tan diversos nesa unidade cerrada e acotada na viaxe a Lordsburg. Con elo, Ford introducía a psicoloxía como factor dramático determinante no western.  Aos viaxeiros súmaselles un vaqueiro, Ringo Kid, interpretado por John Wayne. Ringo é un dos moitos personaxes íntegros do universo fordiano . Wayne saltou o estrelato con este filme e interpretaría para Ford  máis veces ese carácter valente, íntegro, e solitario como por exemplo na maxistral The Searchers (Centauros do Deserto)1956  un dos filmes máis influíntes da historia do cine. A dilixencia foi o punto de partida do western moderno .


Ford traballa con tomas máis curtas, primeros planos e menos planos xerais do normal daquela pero traballa coa profundidade de campo, dandolle tridimiensionalidade as escenas. Introduciu a clásica escena do ataque indio , situando a cámara no alto da montaña cara a esquerda o que lle permitía seguer o movemento da dilixencia de lonxe e descubrir no alto da montaña, en primeiro plano, os indios que vixían o avance da diligencia. É un plano antolóxico pola economía de medios.
Durante os seguintes anos Ford dirixiu  varias extraordinarias películas : Young Mr. Lincoln, 1939, The Grapes of Warth, 1940 ( en cine social) Homes Intrépidos, 1940, e xa chegando a Segunda Guerra Mundial The Battle of Midway, documental e despois da guerra o western My Darling Clementine (Pasión de los Fuertes, 1946).
William Wyler compartió con John Ford o posto de máximo honor do cine americano de preguerra. Alsaciano educado en Francia e Suiza chegou a Hollywood en 1921. Despois de facer unha veintena de westerns  para a produtora do seu tío, Carl lámele, comezou a destacar por sus sólidas adaptaciónns de novelas e pezas dramáticas. En 1939 dirixiu Cumbres borrascosas (Wuthering Heights ) de Emily Brontë.En 1941 A loba (The Little Foxes,)drama de tensións familiares alimentadas por conflitos de intereses. Con estas películas e máis Jezabel levou a Bette Davis ao máis alto do estrelato. Con Wyler o cine enriqueceuse cós diálogos e o análise psicolóxico de fontes literarias. Para desenvolver a evolución psicológica Wyler necesitaba largas escenas sostidas pola acción e diálogos dos personaxes. Para elo traballa tamén , como Ford, coa profundidade de campo e os personaxes móvenses polo decorado sen perder nitidez. En 1946 dirixiu The Best Years of Our Lives
Tanto Hawks como Ford e Wyler puxéronse durante a Segunda Guerra Mundial ao servizo da propaganda bélica americana con películas e documentais.
Despois da guerra péchase o período de esplendor dos grandes realizadores americanos pero outra xeneración tomará o relevo e comezan a destacar nomes como John Huston, Preston Sturges, Billy Wilder, Vicente Minnelli continúan traballando outros como Lubistch, George Cukor  ou Fritz Lang e veñen de Europa Hitchcock  ou René Clair.