miércoles, 30 de marzo de 2016

O CINE ENTRE 1945-1952 : INTRODUCCIÓN


A catástrofe da Segunda Guerra Mundial deixou un saldo de , calcúlase, 50 millóns de vtimas. Supuxo una paréntesis na economía e na evolución cultural das naciósn en loita e como non, tamén no cine. As estrelas do Western  ou os gángsteres pasaron a vestir uniforme militar .
Orson Welles foi case unha excepción nun mediocre panorama artístico durante os anos da guerra 
En 1945 Xapón, Alemaña e Italia teñen as súas ciudades convertidas en ruinas. Foi o panorama que atoparon os directores que querían filmar meses países.
En Xapón durante a guerra pecharon 1400 cines. Tras a derrota de Xapón , os estadounidenses vetaron as súas películas e prohíbironse os temas nacionalistas. O director Yasuhiro Ozu continuou contando as súas historias íntimas e cotiás.
En Alemaña a Riefenstahl e a outros directores impedíuselles rodar pola súa relación có réxime nazi.
Pero nos Estados Unidos a situación era ben diferente. Inversamente a o acontecido en Europa, os Estados Unidos vivían unha etapa de gran prosperidade, coa súa capacidade industrial intacta, coa explotacións de pozos petrolíferos en Texas ou granxas no medio Oeste, non había desemprego e o có resto de potencias destrozadas, as súas perspectivas de expansión aínda eran maiores.
A industria de Hollywood non sería menos pero o clima enrarecéuse  xa que as grandes produtoras soportaron procesos xudiciais das pequenas produtoras , a televisión comezaba facer competencia no entretemento dos norteamericanos e o Comité de Axtividades Antinorteamericanas , para perseguir a calqueira sospeitoso de simpatizar có comunismo, despregou as denuncias de actores e directores

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada