lunes, 19 de octubre de 2015

1903-1918- A FORMACIÓN DUN ARTE 2

O CINE ITALIANO
O cine italiano chamou a atención polas aportacións simbólicas e técnicas. Podemos afirmar que en Italia naceron as superproduccións  ambientadas en temas bíblicos  e históricos.
En 1913 Giovanni Pastrone dirixiu Cabiria, historia sobre una escrava siciliana á que salva unha e outra vez o escravo Maciste. Estivo rodando seis meses nunha época na que as rodaxes duraban días. Gabriele D´Annunzio participou no guión, dándolle máis publicidade ao film. Sorprenden os fastuosos decorados  que combinados cós travellings  e os efectos de luz artificial ,realizados polo operador aragonés Chomón, fan o máis espectacular do film , aportándolle un efecto tridimensional.

 En Italia rodouse o primeiro film vangardista, grazas á influencia de Marinetti, Perfido incanto (1916).
 E tamén houbo cine que gustou de contar historias máis naturalistas como Sperdutti nel buio, 1914.
Pero as custosas superproducciónns do cine italiano foron a causa do seu efímero esplendor.

ESTADOS UNIDOS E DAVID WARTH GRIFFITH

Non só en Italia había unha incipiente industria cinematográfica. Tamén en Rusia naqueles anos previos á Gran Guerra fixéronse produccións excelentes , que teñen moito en común coas escandinavas e tamén coa literatura rusa, películas pesimistas e sombrías que acadaron moita popularidade.

A Gran Guerra comezou xusto cando o cine estaba tomando forma. En 1913 Nova Iorque contaba con casi mil salas de proxeción. Un flamante director chamado Cecil B. De Mille fixo a primeira longametraxe de Hollywood.

En 1913 fíxose The Railroad Porter, unha película con actores e director negros. Habería que agardar ata os anos 70 para atopar outra película “negra” e de feito fíxose en Reino Unido.

Outro fito na Historia do Cine foi His Last Fight de Ralph Ince que aporta a montaxe en ángulo inverso.


D.W.Griffith naceu en 1875 e traballou como actor e guionista. Realizou máis de catrocentas curtametraxes. Griffith non inventou ningún dos elementos clave da lianguaxe cinematográfica aínda que sí lle deu vida interior e humanidade aos sues Films. Utilizaba as técnicas xa coñecidas para expresar emocións de xeito moito máis intenso, minimizando os xestos e creando contrastes entre ternura e  ferocidad e elegancia. Captou a intensidade psicológica a través do obxectivo da cámara.
Griffith dirixiu o film máis famoso e polémico do cine mudo : O nacemento dunha nación ( The Birth of a nation, 1915, USA) . É unha película histórica , de aventuras tamén pero que transmitía valores propagandísticos a favor da segregación racial. Contaba a historia de dúas familias de bandos opostos durante a guerra de Secesión.




A producción foi de custo similiar a Cabiria e a rodaxe durou seis semanas. Contiña escenas de batallas épicas que contrastaban con outras máis íntimas e emotivas. A película tivo tal poder sugestivo que o KKK , desaparecido dende facía anos, rexurdiu con forza nos estados sureños.

Griffith quedou impresionado con Cabiria e influido polas novelas de Dickens fixo outro film , Intolerancia en 1916, de 3 horas e media na que trata conflitos amorosos ao longo da historia, intercalando catro historias e épocas diferentes e tratando o tema da intolerancia. Esta técnica de montaxe paralela non foi ben comprendida e confundiu a gran parte do público. Pero a súa complexidade influiu moito noutros cineastas como os soviéticos ou o americano de orixe vienés Erich von Stroheim.

Na Primeira Guerra Mundial morreron máis de dez millóns de persoas. Foi a fin dos Imperios germánico, ruso , otomano e austrohúngaro. En 1917 estalou a Revolución Rusa o que provocou a diáspora de miles de artistas .

O cine madurou neste período cegando a súa idade adulta. Hollywood aproveitou o desastre da guerra europea para medrar de xeito espectacular. Unha poderosa oligarquía era xa a posuidora da industria cinematográfica.
A década dos anos 20 serán os máis creativos e lucrativos de toda a historia do Cine.

Textos basados no libro Historia del Cine de Román Gubern e Historia del Cine de Mark Cousins


domingo, 18 de octubre de 2015

1903-1918- A FORMACIÓN DUN ARTE 1

1903-1918  A FORMACIÓN DUN ARTE


O mundo evoluciona rápidamente nestes anos. En 1903 ten lugar o primeiro vóo, en 1905 Einstein publica a súa teoría da relatividade, en 1907 Picasso pinta As señoritas de Avignon, en 1910 naceu o jazz en Nova Orleans. En 1914 estalou a Primeira Guerra Mundial. Nestes anos introducíronse moitas novidades como o plano, unidade de acción filmada a tempo real, o corte e a combinación de tomas, é decir, a montaxe.

A APORTACIÓN AO CINE DA INGLATERRA VICTORIANA

En Inglaterra tiveron lugar cambios que supuxeron importantes novidades na Historia do Cine. Robert William Paul, óptico londinense, realizou temas fantásticos como Méliès pero acabará innovando cós travellings.
George Albert Smith impresionou as praias de Brighton nas primeiras escenas naturais. Tamén introduciu a profundidade de campo enfocando ou desenfocando a imaxe desexada. Foi o primeriro en introducir un primeiro plano sin que a escena perdera claridade e tamén en intercalar escenas interior exterior .
James Williamson  introduciu o primeiro travelling, rompendo así có estatismo da cámara. Usa tamén un travelling subxetivo.


Guerra de patentes

Nestes anos , Edison, como un auténtico bucaneiro, tentou  eliminar a todos os seus rivais da nacente industria cinematográfica nunha auténtica guerra de patentes. Rematou coa presencia da industria francesa en América e creou un  imperio  , o trust Motion Pictures Patents Company. Pero a partir de 1901 o negocio vai ser explotado por inmigrantes xudeus nuns locais coñecidos como Nickel-Odeons , xa que o custo da entrada era dun níquel, 5 centavos. Estes mesmos empresarios, homes como Zukor, Carl Laemle, William Fox, enfrontáronse  en 1908 ao trust creado por Edison chegaron a converterse nos pioneiros da industria cinematográfica.

O nacemento de narración cinematográfica

Edwin S. Porter  vai proporcionar a nova arte o primeiro ejemplo de montaxe de continuidade en dúas películas. En 1903 dirixiu The life of an American Fireman, na que a imaxe alterna do interior ao exterior dun edificio devorado polo lume e no que podemos seguir o traballo dun bombeiro e o rescate de unha muller e a seu fillo. A escena foi perfectamente comprendida polo público .Tamén introduciu o primeiro plano funcional. É o comezo de cine de acción e o abandono da linguaxe teatral.


Tamén en 1903 rodou Porter The Great Train Robbery. Pode considerarse o primeiro Western da historia en el ofreceunos todo un complexo mundo de relacións humanas , físicas e psicológicas onde as distancias acórtanse, nos primeiros planos os obxectos aumentan de tamaño, as emociónns son ,máis fortes. A obra foi anunciada como a cumbre do arte cinematográfico e probablemente naquel intre a publicidade non esaxerou.


Porter fixo moitos film sobre melodramas sociais e levou a pantalla tamén A cabaña do tío Tom. A súa aportación ao cine foi inmensa.

George Pathè, que creara o seu propio imperio cinematográfico en Europa, dirixiu a primeira longametraxe da historia en The True Story of Kelly Gang, 1906 . En 1907 introduciu a montaxe paralela, que fai avanzar días liñas argumentais en paralelo  moitas veces có obxecto de crear tensión como faría Hitchcock en Strages on a train (1951) ou Jonathan Demme en The silence of the lambs (1991).

En 1909 apareceu o primeiro flashback.

En 1908 a Vitagraph comezou a valorar os rostros dos actores e foi o comezo do Star System . As interpretacións son xa máis sobrias e realistas. Un dos intentos de crear o Star System foi có nacemento do Film d´Art, un intento por parte da industria francesa de competir coa americana e para iso decidiron levar á pantalla guións de grandes escritores ou adaptaciónns teatrais como O asesinato do Duque de Guisa. Crearon o concepto de estrella cinematográfica e esta película aportou alguna novidade como a cámara á altura da cintura ou colocar personaxes de espalda pero resultou un cine vanidoso fronte a frescura do americano.


No cine francés, na productora de Gaumont có director Louis Feuillade naceron os seriais.


O cine escandinavo

O cine escandinavo vai ter tamén un momento de apoxeo no cine  nos momentos previos á Primeira Guerra Mundial. O pioneiro fou un tal Ole Olsen que fundou a productora Nordisk Film Kompagni.
O cine danés comezou a súa andadura con escándalos polo escabroso e erótico de moitas das súas primeiras produccións. A actriz Asta Nielsen converteuse na muller fatal por excelencia.




 Pero Dinamarca era un país cunha sólida e brillante tradición teatral , con bós escenógrafos, actores e directores  e converteuse nunha potencia cinematográfica. Investigáronse novas solucións plásticas chegando a ser precedente do Expresionismo alemán. As películas danesas son moi refinadas plásticamente.


Destacaron dous directores , Benjamin Christensen e Carl Theodor Dreyer. Ambos os dous indagaron no irracional, no romanticismo negro e as brumas do desconocido , tan características da cultura nórdica.  Chistensen diruxiu Haxan , onde o mesmo director interpretaba o diaño  nunha impactante película sobre bruxería.
Fragmento de Haxan

Dreyer inspirouse en temas religiosos. Despois da Guerra Dreyer quedou como figura solitaria do cine danés con películas moi personais que reflectían un mundo de inquedanzas místicas.

lunes, 5 de octubre de 2015

O CINE COMO CREACIÓN: GEORGES MÉLIÈS


As primeiras películas foron, como xa dixemos, pequenos documentais. Tiña que chegar un soplo de creatividade para que se convertera en arte. E ese paso tan fundamental foi emprendido por George Méliès.

Méliès foi un dos privilexiados daquela primeira proxección cinematográfica. Despois daquelo procurou comprar o cinematógrafo máis Antoine Lumiére negouse, alegando que non tiña moito futuro como negocio. Aínda así Méliès mercou un bioscopio e metros de película para iniciar a súa propia producción cinematográfica.

Rodaba escenas similares ás dos irmáns Lumiére ata que un día, de casualidade , descubriu unha trucaxe cinematográfica. Foi así como decidiu encauzar a súa produción ao mundo da maxia e a fantasía e comezou a explorar as posibilidades do novo xoguete. Foi intuindo as trucaxes do cine moderno: maquetas, desaparicións, aparicións, obxectos que  se moven sós, sobreimpresións, encadeados, fundidos, fotogramas coloreados a man…

Méliès decidiu constriur no seu xardín na finca de Montreuil un estudio de paredes acristaladas para aproveitar a luz. Despois engadiulle iluminación eléctrica e alí foi onde desplegou a súa actividade como creador: director, actor, operador, maquillador, decorador, carpinteiro e electricista á vez. Foi o primeiro estudio europeo.

 Entre 1896 e 1913 Méliès realizou unhas cincocentas películas das cales consérvanse a décima parte. Fixo tamén películas publicitarias. Algúns dos títulos son A cova maldita, O home orquestra. En 1897 Méliès inventa as actualidades reconstruidas, aportación fantasiosa ao xornalismo para reconstruitr episodios da guerra greco-turca. Tamén O proceso Dreyfuss, 1899 ou a coroación de Eduardo VII en Westminster, 1902.

As súas películas están divididas en cadros ou escenas, concebidos como escenas tetarais. A cámara é un aparato inmóbil. Méliès ignora as posibilidades para reconstruir a narración que poder xurdir da montaxe.

A orixinalidade de Méliès estriba na simbiose entre os recursos teatrais e as trucaxes de orixe fotográfica. As veces usa telón ou saúdos ao público e os personaxes entran e saen polo foro. As interpretaciónns son esaxeradas basadas na mímica.

En 1902 realiza Viaxe á lúa, que lle costa a frioleira de 10.000 francos. É o comezo da súa decadencia. Non foi capaz de competir coa industria incipiente americana. Tras desta fai 200.000 leguas Baixo o mar e Á conquista do Polo, 1912.


En 1911 os seus recursos menguan e ten que aceptar axuda financieira..  Tras a guerra desaparece sen deixar rastro.
En 1928 un xornalista o atopa vendendo xoquetes e lambetadas na estación de Montparnasse e despois desto se lle fixeron homenaxes e recoñecementos.  Pero seguiu traballando en Monstparnasse ata que morreu.
Martin Scorsese lle rendiu un sentido homenaxe có seu film “A invención de Hugo”. A súa aportación ao cine foi inmensa, creando un espectáculo popular e incorporando a posta en escena teatral.





O NACEMENTO DO CINE : OS IRMÁNS LUMIÈRE

O NACEMENTO DO CINE
Dous presupostos físicos constitúen a plataforma do cine: a fotografía, que é a súa materia prima ou o seu elemento fundamental, como o espazo para a arquitectura ou a cor á pintura, e o principio de inercia visual que permite crear a ilusión de movemento.
Diversos inventos tentaron reproducir as imaxes en movemento. A linterna máxica é o máis claro precursor, xa antes de nacer a electricidade ou a fotografía. O zoótropo, 1834, ou o revólver fotográfico foron algúns destes primeiros inventos.
Thomas Alva Edison inventou a película de celuloide con perforacións para o seu arrastre; que ademáis cumplía coas características de ser flexible, resistente e transparente aínda que altamente inflamable.
Otros aparatos foron tamén o fonógrafo ou o kinetoscopio. Entre 1890 e 1895 houbo moitas patentes pero si Edison foi o primeiro en impresionar películas a Louis Lumière (1864-1948) xunto có seu pai Antoine e o seu irmán Auguste, correspóndelle o honor de ser o primeiro en facer proxeccións públicas có seu invento , o cinematógrafo, que tiña un sinxelo mecanismo de arrastre da película.
Era o ano 1895, o da guerra dos boers en Sudáfrica, do escándalo Dreyfuss na política francesa, da invención dos neumáticos ou dos rayos X cando os Lumière inventan a “máquina de imprimir a vida”.

A primeira exposición pública dunha das súas peliculiñas, foi o 28 de decembro de 1895 no Boulevard des Capucines , no sótano do Salon Indien, alugado polo prezo de 30 francos diarios.Os Lumiere invitaron a personalidades pero moitos , escépticos ante o novo aparato , non acudiron. George Méliès si estivo ali. E os que acudiron quedaron realmente fascinados ante o novo aparato . A recadación do primeiro día apenas cubriu os gastos pero en poucos días a marabilla de poder contemplar a vida nunha pantalla fixo que a expectación fose en aumento.
Esgotada a proxeción das primeiras películas, pequenos documentais da vida diaria, os Lumière enviaron operadores a distintas partes do mundo para que en Francia poideran contemplar lugares exóticos e afastados.
Outros inventores entraron na loita por patentar os seus inventos: Lear, Pathé y Mélies foron algúns deles en Francia William Paul en Londres e T.A.Edison en Estados Unidos que monta a productora Biograph.
Edison inventou en 1889 o Kinefonógrafo. En 1894 exhibe as primeiras series do seu kinetoscopio, un aparato que obligaba a poñer o ollo no ocular de aumento . Edison estaba convencido de que o visionado individual tiña máis futuro pero cando en 1896 estréase unha película dos Lumiere en Nova Iorque cun éxito delirante, quedou demostrado que o cine nacía como espectáculo de masas.
Houbo outros aparatos de patente americana , grazas o espírito emprendedor e a doctrina Monroe que fomentaron a independenza de Europa neste aspecto: o biógrafo, bioscopio, veriscopio, etc. Aos Lumière puséronselles as cousas complicadas e tiveron que marchar a Canadá.
En 1898 naceu a productora americana Vitagrah cunha primeira película sobre a guerra hispanoamericana, demostrando así ser un útil instrumento de propaganda política. Propaganda política e exaltación nacionalista entraron nun lugar privilegiado na nacente industria.

Pero tamén a exaltación religiosa, a erótica ou o humor formaron parte destes primerios pasos do cine.